Revista CERNA

Inicio / ADEGA / Novas / Todas /

ADEGA Nacional

21/03/2024

No Día Internacional dos Bosques, ADEGA propón máis unha ducia de novas Árbores Senlleiras

O 21 de marzo foi declarado pola ONU Día Internacional dos Bosques, coñecido tamén como o Día da Árbore. En Galiza, só determinadas árbores e formacións senlleiras gozan de protección no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

+info

18/03/2024

ADEGA demanda no TSXG a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal

ADEGA e Amil sen Eólicos demandan a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal para evitar a destrución deliberada do patrimonio galego.

+info

14/03/2024

Salva o Lérez. Stop A-57!

ADEGA impulsa unha campaña para salvar o espazo de Rede Natura do Lérez da autovía A-57

O tramo A Ermida-Pilarteiros da A-57, obxecto do recurso de ADEGA, racharía en dous o espazo natural protexido e zona de Rede Natura do río Lérez.

A campaña de recadación solidaria “Salva o Lérez. Stop A-57” está destinada a acadar os fondos necesarios para poder recorrer a autorización do tramo A Ermida-Pilarteiros da A-57, polo seu impacto ambiental e por fragmentación irregular.

+info

12/03/2024

ADEGA convoca unha charla en Santiso sobre os impactos da macrocelulosa de ALTRI na Ulloa

O acto terá lugar o próximo venres, 15 de marzo, ás 17:00 horas, no Concello Vello de Santiso.

+info

27/02/2024

O proxecto de captación hídrica de ALTRI para a súa celulosa na Ulloa fai augas por todas partes

ADEGA disponibiliza unha avaliación premilinar que revela o enorme impacto hídrico da pasteira

ADEGA vén de avaliar o proxecto que a pasteira ALTRI presentou en Augas para a concesión de 46.000 m3 diarios. Esta enorme demanda condicionará os demais usos da auga en toda a bacía nun contexto de mudanza climática que a empresa esqueceu considerar

+info

19/02/2024

ADEGA xunto 115 entidades exixen o Secretario de Estado de Medio Ambiente que cumpra a Lei de Residuos!

Nun encontro no Ministerio de Transición Ecolóxica , os organizacións do movemento #LeydeResiduosYa fixeron fincapé no cumprimento dos obxectivos dos envases realizábeis, a transparencia e veracidade das cifras oficiais de recollida selectiva.

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal