Revista CERNA

Subscricións

CERNA é unha revista que publica artigos de divulgación sobre calquera das temáticas do eido ambiental, a ecoloxía e o desenvolvemento sustentábel, que fagan referencia ao ámbito galego ou ao global. Desde 1990 até a actualidade leva publicados máis de 70 números sobre diferentes temas de interese e actualidade ambiental galega e internacional.

En 2013 puxemos en marcha esta edición dixital onde se publican 2 números ao ano nos que se recollen os artigos que se van actualizando no apartado de AVANCES. Coa posta en marcha deste medio agardamos mellorar a calidade da publicación e especialmente o alcance e distribución da mesma.

A edición dixital será completada cunha edición impresa anual elaborada a partir dunha selección de artigos xa publicados na web. Os subscritos/as a CERNA recibirán  por correo postal o exemplar impreso e, por correo electrónico, as edicións dixitais.

Neste Formulario podes realizar a túa subscrición a CERNA e elixir a modalidade de pagamento.
 
Lembra que se te fas socio/a de ADEGA estarás subscrito/a a CERNA sen custo adicional. Asóciate premendo AQUÍ

Cuota da subscrición para non socios/as: 10€/ano.



Os campos marcados con * son obrigatorios

Formulario de subscrición
Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal