Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Netorras (Russulas)

Cristovo Ruiz Leivas

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 52-54

O xénero Netorras (Russulas) comprende corpos frutíferos terrestres, carnosos sen anel nin volva, e raramente con veo. As rúsulas son fungos homoxéneos, é dicir, con trama contigua entre o sombreiro e o pé, e caracterízanse por ter a carne, en particular a do pé, tipicamente non fibrosa, senón ao contrario, máis ben xesosa, que rompe facilmente e do mesmo xeito que un xiz.

Educación ambiental en Galiza: Crise, que crise?

Miguel Pardellas e Pablo Ángel Meiras

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 52-54

Que 200 traballadores da industria pirotecnia galega quedasen no paro temporalmente como consecuencia da normativa estacional de prevención de incendios forestais pareceu, e seguramente o foi, unha traxedia social inaceptábel. Mereceu sen dúbida, a atención dos medios de comunicación e a solidaridade de quen asocia a celebración festiva cos estoupidos de rigor. Hai dramas similares pero de maior escala que, sen embargo, están a pasar desapercividos, resultando totalmente invisíbeis para os medios de comunicación e a sociedade. Facendo unha estimación sobre os datos de emprego referidos a 2007 derivados do Proxecto Fénix, xusto nos prolegómenos da crise actual, a perda de postos de traballo no sector da Educación Ambiental (EA) en Galiza durante os últimos catro anos pode estimarse nun 50%, unhas 500 persoas.

O merlo que vive no río

Xosé Salvadores

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 56

O merlo riero (Cinclus cinclus) é un páxaro do tamaño do merlo común, un pouco máis repoludo e coa cola máis pequena. A súa cor é dun pardo moi escuro, excepto a cabeza, que é de cor chocolate e loce un espléndido babeiro branco. O merlo riero, como indica o seu nome, está ligado intimamente aos cursos fluviais e, neste caso, ao río Cabe.

Rabo de Cabalo

Marga Miguens

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 57

Esta herbácea descende doutra planta que no período Paleozoico, hai uns 400 millóns de anos, formaba inmensos bosques. Daquela acadaba alturas de até 15 metros, pero na actualidade ronda os 30 centímetros. O equiseto ou rabo de cabalo é unha planta sen flores, polo que propágase mediante esporas ou pola extensión das súas raíces. É usada para o tratamento de diferentes doenzas, como o exceso de ácido úrico, gota, obesidade, prostata ou cálculos renais, debido o seu alto poder depurativo.

Recursos 66

Ramsés Pérez

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 9

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Lumes: o peor ano dos espazos protexidos

Fins Eirexas

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 10-11

Un incencio fortestal, independentemente da súa orixe, degrada valiosos solos que tardan milleiros de anos en formarse, perdéndose grande parte da súa fertilidade. Increméntase tamén o risco de erosión, favorecendo a escorrentía e diminuíndo a infiltración da auga, chave para o subministro de moitas poboacións. Nos primeiros 15 días do pasado mes de outubro, os lumes de Ourense arrasaron 10909 Ha só en 4 espazos protexidos da Rede Natura.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal