Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

O medio rural e o monte veciñal sen futuro

Xosé Alfredo Pereira

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 42

Co actual borrador da Lei de Montes de Galiza, un monte veciñal, multifuncional e sustentábel non é posíbel, porque aposta so por un monte forestalista case en réxime de monocultivo (especies de crecemento rápido e cultivos enerxéticos). O contido do borrador aprobado, aínda que sen votación, no Consello Forestal do pasado mes de novembro, e que contou co posicionamento en contra do SLG, Amigos da Terra e da ORGACCMM, vai significar co medio rural no terá futuro, se non se modifica substancialmente.

A lei que debemos cambiar

Anxo Pérez Carballo

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 43

Poderíanse encher moreas de páxinas analizando o borrador da lei de Montes de Galiza, desde a falla de complicidade e de amplo consenso social ao afastado que está da realizadade galega, pasando polo esvaecemento e deterioro que a configuración paisaxística do noso país vai sufrir, se non o evitamos, nas próximas décadas. Este artículo centrarase nos puntos que desde a CIG (Confederación Intersindical Galega) consideramos mais prexudiciais para o presente e futuro do patrimonio natural e forestal.

A lei vista pola FRUGA

Xurxo Álvarez

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 44

Coa chegada do PP ao goberno autonómico trocáronse certas áreas xestionandas polo BNG, como foron Industria (concurso eólico) e Medio Rural (Lei de Montes). Coa nova Lei de Montes impulsada polo PP búscanse dúas fins: forestación das terras agrarias e revogación da Lei contra incendios forestais. É por isto que é preciso obrigar ao goberno do PP a paralizar esta lei e consensuar unha que non sexa agresiva co medio natural e foresta mediante políticas máis eficaces.

A defensa do souto e a planificación de novas plantacións

Esteban Sinde Stompel

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 46

Os soutos constitúen o maior símbolo de simbiose entre o home e a natureza, sendo soutos e castiñeiros elementos moi representativos da paisaxe e do xeito de vida da poboación galega durante séculos. Sen embargo, as pragas e enfermidades que comezaron a atacar estas árbores, mermaron a súa saúde e, por ende, a súa presenza na súa paisaxe. O souto, como o ecosistema de maior diversidade estudado (Gutián J., “O Courel”), permite a producción de castañas e cogomelos ademáis de protexer as vivendas perante os lumes, polo que a planificación de faixas verdes ao redor de vilas e cidades acada fins paisaxísticos, económicos e ecolóxicos.

A castaña, un produto con futuro

Xesús Quintá

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 47-48

Até hai poucas décadas, a castaña foi un alimento esencial para os galegos e os seus animais, principalmente até o inicio do cultivo da pataca, e logo en épocas de fame como o período da guerra civíl española e a posguerra. Era frecuente que se plantaran castiñeiros no perímetro dunha finca a labradío ou nas beiras dos camiños, con diferentes variedades, unhas máis temperás e outras máis tardías, para prolongar ao máximo a dispoñibilidade de froito para o seu consumo. Alibos, e o resto do sector da castaña, levan loitando desde hai máis de dez ano, dentro da Asociación Proagrosilga, por un cambio na mentalidade repoboadora dos propietarios das terras e na da xestión de axudas procedentes da Administración.

Certificación FSC para pequenos propietarios

Oscar Luís Expósito

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 49-50

CERNA Enxeñería conseguiu certificar a xestión forestal de aproximadamente 1300 hectáreas baixo dous modelos semellantes de certificación grupal impulsados pola iniciativa privada. Trátase do primeiro caso en España desta tipoloxía, no que ademáis, se acadou a certificación forestal FSC dos dous primeiros Montes Veciñais en Man Común en Galiza, figuras especialmente representativas da propiedade na nosa rexión cunha importante vertiente social. O interese tamén aumenta ao tratarse de montes nos cales a actividade económica preferente é a producción de madeira.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal