CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 16-19
Un novo capítulo na historia de ENCE vén de abrirse en Pontevedra da man do PP, un capítulo de 60 anos que –de non verse interrompido pola acción da cidadanía- ameaza o futuro da Ría e a economía da comarca. Un paso máis no camiño da corrupción ambiental que o PP vén desenvolvendo en Pontevedra co único obxectivo de deixar “atado e ben atado” o futuro dunha empresacontaminante e ilegal coa que teñen vínculos político-familiares e da que tiran importantes beneficios algúns dos seus destacados militantes. Un novo capítulo na defensa do beneficio particular á costa do interese xeral.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 20-21
O pasado 25 de abril, o Tribunal Supremo, nunha sentenza inapelable, anulaba a autorización de construción da planta de gas de Reganosa outorgada en 2004 polo goberno de Aznar, logo de que en maio de 2012 anulase a modificacion do planeamento que serviu de base para a licencia de construción, e o 28 de marzo de 2016 anulase a autorización administrativa previa. A sentenza do Supremo culmina pois coa declaración da ilegalidade radical da planta de gas de Reganosa.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 22-25
O anteproxecto de Lei Acuicultura de Galiza buscaba asentar décadas de políticas erradas pero sempre a favor da acuicultura industrial e as multinacionais, do que foron exemplo Pescanova en Touriñan e Acuinor en Rinlo. Deixaba sen valor a normativa ambiental nos espazos onde se quixesen instalar cultivos mariños industriais, sen limitacións en todo o litoral, permitía a introdución de especies exóticas invasoras, transxénicos e carecía dos mínimos principios de sustentabilidade e facía prevalecer os intereses das transnacionais fronte á pesca de baixura e o marisqueo tradicional. A súa retirada non remata coas demandas ecoloxistas, pois segue sen atender a necesidade imperiosa do saneamento das rías.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 26-28
No país dos mil ríos a sociedade galega ten a obriga de protexer, conservar e valorar os sistemas fluviais. O dano infrinxido durante décadas aos nosos ríos é, por desgraza, rico e diverso, polo que temos o deber ético de arranxar o dano feito. Desde algúns países cunha maior sensibilidade ecolóxica estanse poñendo en valor interesantes iniciativas que invitan a mudar o xeito de xestionar os nosos espazos fluviais. Pero é tamén preciso un cambio de paradigma como sociedade que axude a preservar estes espazos naturais tan prezados que son os ríos. Este cambio de paradigma afecta desde a propia definición de río, ata o xeito de percibir os seus riscos ou da súa funcionalidade na nosa calidade de vida.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 29-30
O Val fluvial do río Lourido, que divide parte dos concellos de Cabana de Bergantiños e de Coristanco (A Coruña), encerra uns valores ecolóxicos, paisaxísticos, culturais e sociais que amosan a súa especial singularidade. Se ben este val ía ser o depósito de balsas de lodos e de decantación no cancelado proxecto mineiro de Corcoesto, da multinacional canadiana Edgewater Exploration Ltd., o certo é que a sorte fixo que o seu destino continúe a ser o de abrigo e sostén dunha fauna e flora peculiar.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 31-33
No ano 2007 a Asociación Naturalista “Baixo Miño” (ANABAM) puxo en marcha o Proxecto Charaxes. O seu obxectivo era incrementar a área de distribución da bolboreta dos érbedos, Charaxes jasius. O ciclo vital da especie está ligado ao érbedo, a súa planta nutricia, escasa na comarca por ser unha especie tipicamente mediterránea. Ante o risco de que a única poboación coñecida da especie en Galicia desaparecese por causa dos incendios forestais, pretendeuse coa creación dun novo erbedal expandir a área de presenza da especie. En parte grazas a este proxecto, a día de hoxe confírmase a presenza dabolboreta dos érbedos en todos os concellos do Baixo Miño.