Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Restauración fluvial e servizos ecosistémicos

Jesús Horacio García

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 26-29

Os servizos ecosistémicos son aqueles beneficios que o medio natural achega á sociedade. O axuste desta definición ao ámbito fluvial interprétase como os beneficios que un sistema fluvial (río) proporciona á poboación para o seu uso e goce. Pola súa parte, a restauración fluvial consiste, dito dun xeito simple, na recuperación das funcións ecolóxicas dun sistema fluvial que está degradado. Como é lóxico, aqueles sistemas fluviais degradados non poderán cumprir coa súa función de subministradores de servizos ecosistémicos. O grao de deterioro ambiental dos ríos a escala planetaria é moi alto, sendo moi preocupante nos países máis desenvolvidos economicamente.

Fitodepuración: Humidais artificiais en Galicia

David de la Varga

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 30-33

Hoxe en día hai uns 3 millóns de persoas sen tratamento de augas residuais no Estado español, fundamentalmente en poboacións menores de 500 habitantes (Fonte: Centro de Nuevas Tecnologías del Agua CENTA, Sevilla). A diferente lexislación europea en materia de augas obriga aos estados membros a depurar axeitadamente as augas residuais de todas as poboaciónsantes do ano 2005, o que significa que imos con bastante retraso. Os sistemas convencionais utilizados en grandes poboacións non son axeitados para as pequenas poboacións, debido á necesidade de persoal especializado e aos elevados custes enerxéticos e de mantemento, que na maioría dos casos non poden ser afrontados polos pequenos concellos. Así, parece necesario procurar outros sistemas de tratamento de augas que sexan máis adecuados para estas poboacións. Os humidais artificiais, dos que versará este artigo, son un deles.

Contaminación luminosa: outra forma de agresión medioambiental

Salvador Bará

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 34-37

A noite, a escuridade da noite, é unha necesidade fundamental para a vida na Terra. Cada vez é máis frecuente atoparmos gran cantidade de luz en horas nocturnas en lugares que non deberían ser iluminados, con efectos disruptivos directos sobre os organismos, poboacións e ecosistemas. O mal uso da iluminación artificial acaba cun importante elemento do patrimonio inmaterial da humanidade: o ceo estrelado. Para darlle a volta a esta situación precisamos facer un uso intelixente e sostible da luz, respectuoso coa natureza e coas persoas, e mesmo revisarmos a forma de usar novas tecnoloxías como o LED.

Cara a erradicación do uso de animais en espectáculos

Rubén Pérez

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 38-39

O movemento popular, organizado en colectivos como Galicia, Mellor Sen Touradas e a Asociación Animalista Libera, ten acadado importantes avances en materia de protección dos animais. A fin das touradas é unha realidade en cidades como A Coruña, Sarria e Padrón, grazas á combinación do activismo coa incidencia política. Ata o momento, 54 vilas do país xa se manifestaron de xeito rotundo contra os circos que explotan fauna doméstica e silvestre.

Entrevista a Isabel Kerdudo

Por Manolo Soto

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 40-41

Isabel Kerdudo é activista da Asociación pola Protección Animal ABEIRO (comarca de Compostela), e tamén de ADEGA (Galicia, mellor sen touradas, plataforma pola defensa da fauna salvaxe, campaña de defensa do lobo ...).

Nosa Enxerxía SCG, no camiño do novo modelo enerxético

Pablo Álvarez

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 42-43

O proxecto da cooperativa enerxética Nosa Enerxía S.C.G. segue percorrendo o camiño para acadar un cambio de modelo enerxético e democratizar o acceso á enerxía renovábel e a unha economía verde. A día de hoxe, a cooperativa xa conta con máis de 225 persoas socias e copropietarias da súa propia compañía enerxética. Como entidade comercializadora de enerxía eléctrica supera os 160 contratos no noso país.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal