Inicio / Números anteriores / As lagoas costeiras galegas. Diversidade de Hábitats,...
CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I
Páx. 15-17
Os humidais costeiros desempeñan un papel esencial na conservación da biodiversidade, pero tamén no control da calidade das augas de baixa profundidade da costa e como sumidoiros do CO2 atmosférico, funcións estas non sempre recoñecidas. Malia a súa importancia ecosistémica, no contexto global, pero tamén galego, ao longo das últimas décadas asistiuse a unha sistemática destrución dos humidais, retrocedendo estes en máis dun 50% en toda Europa.