Inicio / Números anteriores / As térmicas de carbón apáganse
CERNA Nº 83 - Electrointensivas con data de caducidade
Páx. 13-15
O carbón foi, despois do petróleo, a principal fonte de enerxía primaria de Galiza durante os últimos 40 anos. As centrais termoeléctricas das Pontes e Meirama transformaron carbón autóctono (lignito) e importado en electricidade que contribuíu a cubrir o crecemento do consumo interno e a manter o saldo exportador de enerxía final. Sempre cun elevado prezo socioambiental, aquén e alén das nosas fronteiras. Hoxe, a emerxencia climática impón o seu peche.