Radio CERNA

Radio CERNA

Inicio / Auga Limpa Xa! pide unha moratoria para novas...

06/02/2019

Auga Limpa Xa! pide unha moratoria para novas granxas na Limia

[00:10:00]   [6.87 MB]

Veciños e veciñas da Limia, Baixa Limia, Celanova ou Xinzo reúnense en plataforma para chamar a atención sobre o problema ambiental e de saúde pública que está a xerar a acumulación de xurros e puríns na chaira limiá. Daniel Rodicio, ex-gandeiro e propietario dunha granxa na Limia afonda no impacto que o modelo de produción acaba tendo no medio ambiente e, sobre todo, nos cursos fluviais e augas subterráneas. A Plataforma "Auga Limpa Xa!" pide unha moratoria para novas granxas intensivas de produción de carne na comarca limiá.


Descargar
Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal