Inicio / GEAS cumpre 15 anos educando sobre a fauna salvaxe
12/12/2018
O Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes xurdía hai 15 anos en Santiago de Compostela para estudar, divulgar e concienciar sobre a fauna salvaxe. A piques de rematar este ano 2018, facemos un repaso á súa traxectoria co seu presidente, o biólogo e especialista en fauna salvaxe, Xosé Pardavila. GEAS está especializado no seguimento de mamíferos carnívoros e tamén realiza un inventario de animais mortos por atropelo na Península Ibérica.