Radio CERNA

Radio CERNA

Inicio / Unión Fenosa: vida e morte da compañía enerxética...

05/11/2018

Unión Fenosa: vida e morte da compañía enerxética que algún día foi galega

[00:10:00]   [6.92 MB]

A tese do investigador da USC, Adrián Dios Vicente, analiza a evolución dunha das empresas do sector eléctrico español máis importante: Unión Fenosa. Fai o repaso aos 26 anos de vida da compañía fortemente unida a Galiza nun principio e da que logo se desprendería por completo. As diferentes estratexias de crecemento, de internacionalización e diversificación, a intervención dos bancos e do goberno estatal marcaron o destino dunha empresa que conseguiu acadar cotas de éxito importantes dentro e fóra de España, pero que finalmente finou en 2008 absorvida por Gas Natural. A súa aposta final polo carbón foi o seu golpe de gracia.


Descargar
Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal