Radio CERNA

Radio CERNA

Inicio / Estado de conservación dos humidais galegos

31/01/2018

Estado de conservación dos humidais galegos

[00:10:00]   [6.89 MB]

O vindeiro venres é o Día Mundial dos Humidais e durante esa xornada e a fin de semana organizaranse varias charlas e xornadas arredor desta temática por todo o país. A que organizan o CEIDA, a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e o Concello de Sada o vindeiro sábado tratará de analizar, entre outros temas, o estado de conservación dos humidais galegos. Falamos con Pablo Ramil, secretario do Consello científico do Comité español do programa MaB da Unesco, para coñecer en que situación se atopan as nosas brañas, lagoas, marismas, xunqueiras ou os máis de 1.100 humidais galegos.


Descargar
Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal