Inicio / Froxán e Santiago de Covelo, montes recoñecidos...
25/09/2017
Os montes veciñais en man común de Froxán (Lousame) e Santiago de Covelo veñen de ser admitidos polas Nacións Unidas como membros do rexistro ICCA. Este rexistro recoñece aqueles lugares ou territorios que foran xestionados ou recuperados de forma sostible e democrática por parte de pobos indíxenas ou comunidades locais. Estas dúas experiencias galegas son as primeiras en conseguir este distintivo no Estado español, e as terceiras en Europa. Falamos cos seus protagonistas.