<![CDATA[Podcast Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ gl http://adega.gal/web/radiocerna/images/logo_radio.png <![CDATA[Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ no Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 28/03/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1179 Thu, 27 Mar 2025 07:42:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 28/03/25 Masiva protesta contra Altri e a mina de Touro-O Pino na Pobra do Caramiñal, por mar e por terra. Unha mobilización histórica que, de novo, Rueda e o PP galego minimizan. A mina de litio de Doade, en Beariz, a piques de saír a exposición pública tras ser seleccionada por Bruxelas como proxecto estratéxico para Europa. Veciñanza da Baixa Limia demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas. Todo isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 21/03/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1178 Thu, 20 Mar 2025 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 21/03/25 Altri si. A Xunta de Galiza declara compatible co medio ambiente a macrocelulosa de Altri e Greenalia en Palas de Rei. Faino ás portas da gran mobilización contra este proxecto e a mina de Touro-O Pino na Pobra do Caramiñal. Entidades ecoloxistas presentan a Declaración "Por unha Lei de Montes Veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais". E ademais, O Tribunal Supremo vén de inadmitir os recursos presentados pola Xunta de Galiza e as empresas promotoras contra a paralización cautelar dos proxectos eólicos de Rodeira, Pico Seco e Troitomil. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 14/03/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1177 Thu, 13 Mar 2025 05:05:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 14/03/25 O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza tomba a privatización por parte da Xunta dos procedementos de avaliación ambiental. Máis de 500 barcos de pesca e mexilloeiros percorrerán a Ría de Arousa contra Altri e a Mina de Touro o próximo sábado, 22 de marzo. Os trámites da concesión de augas para as centrais de bombeo na Ruña, en Mazaricos, tamén terían caducado, ao igual que os de Altri. O xacemento arqueolóxico da Roda de Barreiros, na Mariña, atópase nun estado de abandono que ameaza a súa conservación. Todo isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 07/03/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1176 Thu, 06 Mar 2025 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 07/03/25 ADEGA demanda a Xunta pola desprotección da área afectada pola celulosa de Altri na Infraestrutura Verde de Galiza. E mentres, a Xunta continúa coa súa manobra para eludir centos de alegacións cun requirimento masivo a máis de 800 persoas para que demostren a súa condición de interesadas no expediente do proxecto. Por mar e por terra. A plataforma en Defensa da Ría de Arousa anuncia unha gran mobilización contra Altri e contra a Mina de Touro-O Pino. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 28/02/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1175 Fri, 28 Feb 2025 08:39:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 28/02/25 A Xunta de Galiza reduce a protección ambiental dos terreos da Ulloa onde Altri quere instalar a súa celulosa. O presidente da Xunta evita dar explicacións e remítese de novo ao traballo do persoal técnico na declaración de impacto ambiental da planta. Veciñanza de Bembrive e Mós presentan 25.000 alegacións contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 21/02/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1174 Fri, 21 Feb 2025 08:45:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 21/02/25 A Xunta manobra para ampliar a balsa de lodos vermellos de Alcoa a pesar dos riscos medioambientais. Denegada a autorización ambiental ao proxecto da planta de biometano en Coeses, en Lugo. Entregan centos de alegacións contra a instalación dun vertedoiro a ceo aberto en Val do Dubra. O TSXG paraliza cautelarmente un proxecto eólico que ameazaba as bestas de Sabucedo. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 14/02/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1173 Fri, 14 Feb 2025 08:47:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 14/02/25 A solicitude de concesión de augas de Altri tería que desestimarse por vencer o prazo legal para resolver. O proxecto estivo no centro dunha nova disputa esta semana no Parlamento de Galiza entre Rueda e Pontón. A empresa, pola súa banda, confirma que tramita co Ministerio de Industria unha axuda directa de 250 millóns de euros. En materia eólica, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza frea cautelarmente o proxecto eólico Zamorra, en Agolada, a instancias de ADEGA. A Confraría de Noia anuncia unha querela contra Naturgy pola morte do marisco. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 07/01/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1172 Thu, 06 Feb 2025 05:12:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 07/01/25 O xornal La Voz de Galicia revela que o informe preceptivo de Augas de Galiza sobre a fábrica de Altri en Palas de Rei é favorable. 300 persoas implicadas, máis de 15.000 paus de batea recollidos e tan só 3 días de traballo: este é o balance final do Tarugotón, a primeira recollida simultánea de paus de batea en Galiza. ADEGA Vigo - O Morrazo vén de presentar alegacións fronte ao proxecto da autovía A-52. Galiza será a comunidade do Estado que máis terá que asumir na sanción imposta pola Unión Europea ao Estado español por non cumprir cos obxectivos de reciclaxe. Todo isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 31/01/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1171 Thu, 30 Jan 2025 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 31/01/25 O actual proxecto mineiro de Touro, un risco para o ambiente e para a saúde aínda maior que o que implicaba o de 2017. Tamén en materia mineira, ADEGA denuncia á Xunta e ao Concello de Foz polas irregularidades na tramitación dunha canteira de caolín. O goberno galego comeza a tramitación dun novo plan eólico, sen que organizacións ecoloxistas e asociacións veciñais poidan participar nos órganos de decisión. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 24/01/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1170 Fri, 24 Jan 2025 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 24/01/25 Noruega denega o permiso ambiental a unha celulosa coma a de Altri. Este domingo 26 de xaneiro, hai unha nova cita nas rúas coa defensa do medio ambiente e contra a invasión eólica. Tamén en materia eólica, ADEGA lanza unha campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! para frear nos tribunais o proxecto eólico Patiñeiro, en Vimianzo. Desplome do marisco na ría de arousa, unha das principais zonas de cría do mundo. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 17/01/25]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1169 Thu, 16 Jan 2025 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 17/01/25 Nova cita nas rúas galegas: o próximo domingo, 26 de xaneiro, a Coordinadora Eólica Así Non fai un chamado ao pobo galego a mobilizarse en diferentes puntos da xeografía galega contra a invasión eólica. Alerta no agro galego polas plantas de biometano que  están a promover as empresas enerxéticas. A Xunta apraza a súa decisión sobre o proxecto de macrocelulosa de Altri. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 20/12/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1168 Thu, 19 Dec 2024 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 20/12/24 O pobo galego protagonizou unha xornada de reivindicación histórica o pasado domingo en defensa da terra e contra a macrocelulosa de Altri. As reaccións políticas non se fixeron agardar. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di manterse firme e coas cousas claras e a oponición ínstao a escoitar a cidadanía. Nesta mesma semana, a coordinadora Eólica Así Non concentrouse diante do Parlamento de Galiza para denunciar o constante acoso do Partido Popular sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. ADEGA e o Concello de Santiago achegan a xestión sostible dos residuos e a compostaxe aos centros de ensino. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 13/12/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1167 ]]> Fri, 13 Dec 2024 08:44:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 13/12/24 Facultades e departamentos de tres universidades e do CSIC ratifican o seu rexeitamento a Altri a unha semana da gran mobilización contra a macrocelulosa prevista para o próximo domingo, 15 de decembro, en Santiago de Compostela. Na mesma liña científica, vén de ver a luz o primeiro libro que aborda de forma exhaustiva os impactos sobre terra, mar e aire de Altri, da man de ADEGA e do biólogo Ramón Varela. Desde a ría tamén lanzan o seu NON ao proxecto, que suporía a estocada final a unha xa moi minguada produción na ría de Arousa. Ademais, a Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración no Parlamento o próximo martes 17 para denunciar o constante acoso do PP sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Rolda de prensa | Presentación do libro Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1166 Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI, un libro da autoría do doutor en Bioloxía e ex-presidente de ADEGA Ramón Varela Díaz que debulla os impactos da macrocelulosa proxectada por Altri-Greenalia en Palas de Rei. A publicación foi presentada este mércores en rolda de prensa na Libraría Couceiro en Compostela por parte do propio autor, acompañado do secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas.]]> Wed, 11 Dec 2024 12:00:00 +0200 no Rolda de prensa | Presentación do libro Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI A organización ecoloxista ADEGA lanza o Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI, un libro da autoría do doutor en Bioloxía e ex-presidente de ADEGA Ramón Varela Díaz que debulla os impactos da macrocelulosa proxectada por Altri-Greenalia en Palas de Rei. A publicación foi presentada este mércores en rolda de prensa na Libraría Couceiro en Compostela por parte do propio autor, acompañado do secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 06/12/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1165 Thu, 05 Dec 2024 04:56:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 06/12/24 Organizacións ambientais de todo o mundo esixen á Xunta de Galiza e ao Goberno de España a paralización inmediata da fábrica de Altri. E a mobilización social non cesa. Conta atrás para a gran manifestación contra a macrocelulosa que terá lugar en Compostela o 15 de decembro. O Partido Popular e o PSOE galego demandan a exclusión do lobo da listaxe de especies protexidas. Tamén no Parlamento, o PP rexeita unha moción presentada polo BNG para ampliar ata 2030 a moratoria de plantar eucaliptos. O Ártico podería quedar sen xeo antes de 2030. Isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 29/11/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1164 Thu, 28 Nov 2024 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 29/11/24 A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa anuncian un clamor en Compostela contra Altri e a Xunta o próximo 15 de decembro. A Xunta de Galiza expulsa as organizacións ecoloxistas e as comunidades de montes veciñais do Consello de Minaría de Galiza; e no mar, bloquea a participación das entidades ambientais en Redemar. A asociación ecoloxista ADEGA procura fondos para recorrer ante o tribunal superior de xustiza de galiza o proxecto eólico Restelo, nos Ancares e na Fonsagrada. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 22/11/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1163 Thu, 21 Nov 2024 11:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 22/11/24 ADEGA denuncia ante a Audiencia Nacional a autorización das obras do treito II da A-57, en Pontevedra. Doutra banda, a organización procura fondos para recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o proxecto eólico Monteiro, nos Ancares e na Fonsagrada. O Banco Central Europeo alerta das consecuencias da degradación dos ecosistemas sobre a inflación e o crecemento económico. E comezou esta semana un xuízo inédito con dúas grandes multinacionais implicadas: Iberdrola e Repsol. Isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 15/11/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1162 Thu, 14 Nov 2024 04:23:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 15/11/24 Fanse 22 anos da catástrofe ambiental e económica do Prestige. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza suspende cautelarmente outros tres proxectos eólicos, e suma en total 62. A Xunta admite unha “importante saturación de instalacións gandeiras na Limia” que poden afectar á calidade das augas. Nace a Plataforma fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo. E en Lugo, ADEGA e Ríos con Vida anuncian accións legais e sociais na defensa dos ríos do concello. Isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 08/11/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1161 Thu, 07 Nov 2024 04:15:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 08/11/24 Comezamos este boletín co freo a outros tres proxectos macroeólicos en Terra de Montes; e coa autorización ambiental "express" e fraudulenta para o recrecimento da balsa de lamas vermellas de Alcoa. Ademais, Xunta de Galiza encarga un mapa de zonas inundables por máis de 266.000 euros seis días despois da catástrofe de Valencia. Tamén a Xunta quere reactivar 60 dereitos mineiros antes de que remate este ano. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 01/11/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1160 Thu, 31 Oct 2024 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 01/11/24 A maior DINA do século XXI no Estado asola o País Valenciá. O canon eólico en Galiza fai 15 anos de vida e o goberno galego expón mudalo. A Xunta de Galiza acudirá ao TXUE para defender os eólicos paralizados cautelarmente polo TSXG. O Consello da Cultura Galega defende o rigor científico do informe sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. Isto e máis, en Radio Cerna!