<![CDATA[Podcast Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ gl http://adega.gal/web/radiocerna/images/logo_radio.png <![CDATA[Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ no Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 25/09/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1244

Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com]]>
Thu, 24 Sep 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 25/09/26 Un informe interno da Xunta recoñece "riscos irreversíbeis" na ría de Arousa derivados da mina de cobre de Touro e O Pino. E na Limia, a Xunta recoñece tamén agora que a contaminación das augas ten unha orixe “significativamente agraria” e prohibe novas explotacións gandeiras intensivas e ampliacións das xa existentes na comarca. Varias entidades ecoloxistas piden á Xunta apoiar a catalogación do salmón atlántico como “En perigo de extinción” no conxunto do Estado, despois de que o Comité Científico validase a proposta para incluír a especie no Catálogo Español de Especies Ameazadas. O Concello de Muros paralizou cautelarmente unhas obras na zona intermareal de Punta Abelleira tras a denuncia de ADEGA, ao comprobar que non contaban coas autorizacións pertinentes. Todo isto e máis, en Radio Cerna! 


Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com
<![CDATA[Boletín informativo ambiental 18/09/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1243
Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com


Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com]]>
Thu, 17 Sep 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 18/09/26 O lume volve ao Courel. Un incendio en Quiroga arrasou máis de 420 hectáreas e pon en alerta varias aldeas. A rotura dunha foxa de xurro con máis dun millón de litros en Tordoia causa unha vertedura na contorna do río Bustelo. E o pasado domingo, arredor dun cento de persoas concentráronse en Ribadumia para reclamar a demolición da represa de Cabanelas, no río Umia, e defender o seu funcionamento natural. Cúmprense 30 anos do derrube do vertedoiro de Bens, na Coruña, unha catástrofe na que unhas 200.000 toneladas de lixo se desprazaron pola ladeira do monte até chegar ao mar. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com


Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com
<![CDATA[Boletín informativo ambiental 11/09/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1242 Thu, 10 Sep 2026 06:15:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 11/09/26 Ons non é illa para especies en perigo. Nova agresión ao patrimonio natural galego: exemplares da xesta de Ons, unha especie en perigo de extinción, foron eliminados durante labores de roza dos camiños na illa. Na outra cara da moeda, as 500 árbores plantadas por voluntariado de ADEGA nos montes queimados de Valdeorras medran en boas condicións. Un ano despois dos graves incendios forestais que arrasaron os montes da comarca, a vida ábrese paso neles. Ademais, ADEGA-Lugo reafirma o seu compromiso histórico coa defensa do territorio fronte á especulación urbanística de Barreiros. Todo isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 04/09/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1241
Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com]]>
Fri, 04 Sep 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 04/09/26 Neste programa de Radio Cerna abordamos a situación de seca que enfronta Galiza e a intención da Xunta de estudar a creación de novos encoros. Fronte a esta proposta, ADEGA demanda medidas que fomenten unha nova cultura da auga, baseada no aforro e no combate ao desbaldimento. En Castroverde, ADEGA denuncia tamén o recheo dunha zona húmida por parte dunha explotación gandeira. En materia eólica, outro proxecto continúa coa súa tramitación a pesar de ser paralizado cautelarmente polo TSXG. E rematamos en Ons: a Xunta está a converter o Parque Nacional das Illas Atlánticas nun resort turístico. É a denuncia de ADEGA e outros colectivos ante as obras de “acondicionamento” desenvolvidas en varios espazos.

Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com
<![CDATA[Boletín informativo ambiental 07/08/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1240
Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com]]>
Thu, 06 Aug 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 07/08/26 A Xunta declara a emerxencia cinexética do xabarín e privatiza así a xestión da fauna salvaxe en favor dos cazadores. En materia eólica tamén hai novidades. Empresas con parques eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza están a solicitar agora a declaración de utilidade pública para poder expropiar terreos. E ademais, súmase outro proxecto ao ronsel de eólicos paralizados cautelarmente. O TSXG acaba de acoller a solicitude de ADEGA para o parque eólico Fial das Corzas, promovido por Iberdrola nos concellos de Laza e Vilar de Barrio. Galiza dispón xa de capacidade para tratar ata oito veces máis residuos da construción e demolición dos que xera cada ano. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com
<![CDATA[Boletín informativo ambiental 31/07/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1239 Thu, 30 Jul 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 31/07/26 Galiza entra un ano máis na época de máximo risco de incendios forestais cos deberes sen facer. A Xunta volve adiar a declaración das zonas vulnerables á contaminación por nitratos e acumula xa 26 anos de demora no cumprimento da normativa europea. A campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento", impulsada por ADEGA-Lugo para recorrer nos tribunais o plan urbanístico previsto nas nacentes do río Rato, reúne os primeiros 6.000 euros en menos dun mes. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 17/07/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1238 Thu, 16 Jul 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 17/07/26 O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza volve dar a razón a ADEGA e ordena paralizar cautelarmente o parque eólico Pena do Pico, promovido por Greenalia nos Ancares lucenses. ADEGA advirte de que Lugo podería perder unha oportunidade histórica para completar un gran cinto verde arredor da cidade ante a ampliación prevista do polígono do Ceao sobre as nacentes do río Rato. O proxecto de Altri en Palas de Rei queda arquivado de forma definitiva pola Xunta. Tamén en Palas, a macrogranxa porcina proxectada en Vilareda incumpre a normativa ambiental. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 10/07/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1229 Thu, 18 Jun 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 10/07/26 A Plataforma por un Monte Galego con Futuro presenta un manifesto no que reclama un cambio radical nas políticas de prevención e loita contra os incendios forestais. ADEGA-Lugo lanza a campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento" fronte ao proxecto de urbanización das nacentes do río urbano máis emblemático de Lugo. O proxecto de ALTRI incumpre os seis obxectivos ambientais que establece o Regulamento europeo sobre investimentos sustentables. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 19/06/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1237 Thu, 09 Jul 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 19/06/26 Novo revés xudicial para a Xunta de Galiza na súa política sobre o lobo: desproxeter esta especie podería ser anticonstitucional. A polémica arredor da xestión dos litixios eólicos no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza continúa medrando; e tamén en materia eólica, a Xunta emitiu unha declaración de impacto ambiental desfavorable para o parque eólico Navallos, promovido nos concellos de Castroverde e Baralla. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resta importancia ás advertencias do Icomos sobre os impactos da mina de Touro no Camiño de Santiago. Milleiros de persoas mobilizáronse este domingo na Illa de Arousa para reclamar á Xunta a paralización definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. Toda isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 26/06/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1236 Mon, 06 Jul 2026 09:42:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 26/06/26 Adiántase a tempada de incendios: no que vai de ano arderon oficialmente arredor de 1.700 hectáreas. En Ourense, as consecuencias dos grandes lumes do verán pasado están a facerse visibles agora coas fortes tormentas e riadas rexistradas nas últimas semanas. En materia eólica, ADEGA e a CIG ampliaron a denuncia presentada ante a Fiscalía por un presunto delito de prevaricación relacionado cos cambios ordenados no TSXG. A noite de San Xoán deixa unha imaxe máis limpa ca anos anteriores nas praias galegas. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 12/06/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1228 Thu, 11 Jun 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 12/06/26 Unha mobilización percorrerá o mar e a terra da Illa de Arousa este domingo para esixir a denegación definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro_O Pino. ADEGA denuncia a destrución dunha zona dunar da praia do Róbalo, en Aguiño, en plena época de cría da píllara das dunas. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco recibe un importante revés. O Icomos pide anular os permisos da Xunta para a mina de Touro porque ameaza o Camiño de Santiago. Visto e prace do Estado á empresa que construirá a central reversible en Meirama. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 05/06/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1227 Thu, 04 Jun 2026 05:59:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 05/06/26 A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG. Tamén nos tribunais, o Supremo estimou os recursos presentados pola Xunta, Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia contra a sentenza do TSXG que anulara a autorización do parque eólico Bustelo. ADEGA-Lugo solicita a revisión da Declaración de Impacto Ambiental da liña eléctrica Ludrio–San Cibrao polos seus graves impactos ambientais. Noutra orde de cousas, a Xunta deu luz verde ambiental á instalación dunha nova terminal de almacenamento de betume no porto de Vilagarcía de Arousa, unha decisión que levantou críticas polos seus impactos na ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 29/05/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1226 Thu, 28 May 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 29/05/26 A Illa de Arousa acollerá o vindeiro 14 de xuño unha manifestación nacional "pola defensa do Ulla e da ría de Arousa" e contra os proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. ADEGA presenta alegacións ao informe da Xunta sobre o estado do lobo en Galiza e acusa o Goberno galego de manipular os datos para facer crer que a especie está nunha situación favorábel. Tamén ADEGA alerta de que a planta de biometano prevista na Laracha podería incumprir a lei de residuos e poñer en risco a saúde da veciñanza. E a Coordinadora “Eólica Así Non” presenta unha denuncia na Fiscalía Superior de Galiza para que investigue se puido haber prevaricación no cambio de seccións dos casos relacionados coa enerxía eólica dentro do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 22/06/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1225 Fri, 22 May 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 22/06/26 Altri non desiste e presenta alegacións contra o arquivo provisional do seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei. ADEGA leva ao Tribunal Supremo a destrución patrimonial ocasionada polas obras do parque eólico Acibal. A Xunta de Galiza sitúase á fronte dunha manobra insólita para tentar rebaixar o nivel de protección do lobo en Europa. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 08/05/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1224 Thu, 07 May 2026 06:47:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 08/05/26 Diversas organizacións ecoloxistas convocan para este sábado, 9 de maio, unha concentración na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón con morte autorizado pola Xunta no río Ulla. A Xunta de Galiza pretende reactivar as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, e sacar a concurso máis de 100 dereitos mineiros caducados en todo o país. Bateeiros, mariscadoras e mariñeiros de distintos puntos do país concentráronse esta semana ás portas do Parlamento para denunciar a grave crise que atravesa o sector do mar. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 01/05/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1223 Thu, 30 Apr 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 01/05/26 A Xunta inicia a tramitación do novo Plano Sectorial Eólico de Galiza sen marxe para se aprobar nesta lexislatura. Un total de oito entidades convocan unha concentración para o vindeiro sábado 9 na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón. Case tres de cada catro parroquias consideradas de alto risco de incendios en Galiza rexistraron algún lume ao longo de 2025. A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra denuncia a “ocultación” de información por parte da Xunta sobre as verteduras industriais de Ence e o estado ambiental da ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 24/04/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1222 Thu, 23 Apr 2026 04:43:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 24/04/26 A Xunta da Galiza non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que dá a razón a ADEGA e obriga a recuperar a protección ambiental dos terreos previstos para a celulosa de Altri en Palas de Rei. Ao tempo, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non denunciou tamén esta semana unha estratexia “intimidatoria” por parte da Xunta contra a veciñanza e os colectivos que se opoñen á reapertura da mina de cobre na comarca de Arzúa. Diversas entidades ecoloxistas solicitaron á Xunta a suspensión do concurso de pesca do salmón previsto para o 10 de maio no río Ulla, ao considerar que é incompatible coa situación grave da especie. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 17/04/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1221 Thu, 16 Apr 2026 05:22:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 17/04/26 Máis de 2500 sinaturas esíxenlle á Xunta que declare o salmón galego "en perigo de extinción". O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso presentado por ADEGA contra a Xunta pola xestión do parque eólico do Acibal, malia recoñecer críticas á actuación da Administración. ADEGA e Mariña Patrimonio alertan do risco inminente que sofren varios bens arqueolóxicos na zona de Parada, en Outeiro de Rei, onde se están a realizar traballos forestais con maquinaria pesada e está prevista a plantación de eucaliptos. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 09/04/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1220 Thu, 09 Apr 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 09/04/26 Galiza entra en abril con incendios forestais en Ponteares e Carballo que prognostican un verán complicado. As industrias galegas emitiron en 2024 máis de 8 toneladas de benceno cerca de lugares moi poboados. ALCOA pretende volver ampliar a balsa de lamas vermellas en Xove sen ter sequera rematado a anterior ampliación. E na costa, as críticas do sector do mar e do ecoloxismo ao proxecto de dragaxe do río Lérez seguen medrando. A Alianza por un Rural Galego Vivo urxe a anular o traslado dos maxistrados e maxistradas do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 27/03/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1219 Thu, 26 Mar 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 27/03/26 As plataformas Altri Non, Mina Touro-O Pino Non e En defensa da ría de Arousa impulsan unha recollida de sinaturas pola fin definitiva de Altri e da mina de Touro. Organizacións ecoloxistas piden a dimisión da conselleira Ánxeles Vázquez. O xuíz Luís Villares é apartado da sala do TSXG que trata os proxectos eólicos. O Parlamento galego admite a trámite unha ILP para crear Áreas de Restauración Ecolóxica. Todo isto e máis, en Radio Cerna!