Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

15/02/2024   []   [7.10 MB]

Boletín informativo ambiental 16/02/24

ADEGA querélase contra a ex Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galiza, Paula Uría, por condonar a Greenalia unha débeda millonaria coa facenda pública. Os pellets regresan á palestra a conta dun informe de Salvamento Marítimo que mostra que a Xunta só mobilizou o 40% dos medios que anunciou. O desxeo en Groenlandia está alterando as correntes oceánicas que rexen o clima en Europa, e xa mostran os seus primeiros signos de colapso. Todo isto e máis, en Radio Cerna. Escoita!

08/02/2024   []   [7.09 MB]

Boletín informativo ambiental 09/02/24

A Fiscalía investiga se o Goberno de Alfonso Rueda deixa en mans das eléctricas a redaccións dos informes claves para a autorización dos negocios eólicos. Ola de protestas na agricultura e na gandaría, a raíz das que a Comisión Europea está desmontando medidas clave para reducir a contaminación do agro. Novo golpe á Cidade Deportiva do Celta en Vigo polos seus impactos sobre os recursos hídricos. Isto e máis, no novo programa de Radio Cerna! 

01/02/2024   []   [7.11 MB]

Boletín informativo ambiental 02/02/24

ADEGA lanza #EuQueroProxectoRíos, a campaña de recollida de sinaturas pola continuidade do emblemático Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos ao que a Xunta de Galiza vén de retirar o seu apoio. Ademais, a coordinadora Eólica Así Non propón ás forzas políticas candidatas a gobernar a Xunta un decálogo para un modelo enerxético alternativo. E ás portas das novas eleccións, Medio Ambiente subvenciona o sector da caza con 30.000 euros. A Fiscalía abre expediente contra Sogarisa e a Xunta polos reiterados episodios de contaminación no polígono das Somozas. Novo récord histórico de calor en Europa: 38,8ºC. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita!

25/01/2024   []   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 26/01/24

A Xunta de Galiza retira o seu apoio ao emblemático Proxecto Ríos e abandona definitivamente o voluntariado galego en plena crise ambiental. Ao tempo, a cidadanía galega sae á rúa para reivindicar uns mares sen plástico ante o desastre ambiental dos pellets. A empresa propietaria da mina de San Finx está imputada por delitos contra o medio ambiente; e o persoal traballador denuncia o estado de abandono da planta de residuos de Lousame. Ti Podes Paralos! supera os 190.000 euros recadados, o que permitirá a ADEGA recorrer unha trintena de proxectos eólicos nos tribunais. Isto e máis, en Radio Cerna!

18/01/2024   []   [7.10 MB]

Boletín informativo ambiental 19/01/24

O ecoloxismo chama á mobilización social este domingo, 20 de xaneiro, en Compostela en defensa do mar e contra a incompetencia dos gobernos da Xunta e o Estado na xestión da marea de pellets que asola as costas galegas. Tamén esta semana sóubose que o proxecto de celulosa Altri na Ulloa ocultou información sobre o impacto da súa factoría na Rede Natura e sobre endemismos en perigo de extinción. O ano 2023 foi o máis cálido en Galiza en seis décadas; e varias plataformas denuncian os nesgos na aprobación de cinco proxectos eólicos por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica. Estas e outras noticias, en Radio Cerna!

30/11/2023   []   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 01/12/24

Novas mobilizacións de Eólica Así Non polo Día das Montañas fronte a gobernos e especuladores. O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Campo das Rosas en terras da Rapa das Bestas. Nace tamén a plataforma Galiza sen gas, da que forma parte ADEGA, para acelerar o abandono dos combustibles fósiles. O futuro climático debátese en Dubái, na COP28, mentres que organizacións ecoloxistas reclaman o dereito dos pobos a vivir nunha contorna digna e sa. Outes será o primeiro concello en recoñecer os dereitos dun río. Isto e máis, en Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal