Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

22/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 22/03/13

A través deste boletín informativo coñecerás cales foron os acontecementos desta semana no eido ambiental galego.

21/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Educar en verde: un enfoque para o século XXI

Heike Freire, sociólogo, pedagoga e xornalista, experta en pedagoxía "verde" visitou Galiza para definir as necesidades de cambio do actual modelo educativo por un método de ensino máis aberto ao contacto coa natureza e a modos de coñecemento máis póximos á dinámica natural do mundo.

20/03/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Flora (cenoura brava) e Fauna (a balea común)

A cenoura brava e a balea común son as especies vexetais e animais escollidas desta volta para afondar no coñecemento da flora e fauna do país. Marga Miguens e Xosé Salvadroes descúbrennos os segredos destas dúas especies da natureza.

19/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

ILP para que o galego se abra á lusofonía

A Iniciativa lexislativa popular Valentim Paz Andrade que a poboación galega se achegue á lusofonía a través dos medios, do ensino e da xestión cultural. Para moitos é unha oportunidade, non só cultural, senón tamén social e económica para o país. A ILP vén de acadar as 17.000 sinaturas que xa presentou no Parlamento de Galiza á agarda de que sexa admitido a trámite.

18/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Visita galega a Bruxelas para falar de residuos

Así como hai poucas semanas, un grupo de eurodeputados/as viñeron a Galiza para avaliar a situación das nosas rías; agora é Galiza quen se traslada á Bruxelas, a través dunha Comisión, para falar da política galega sobre xestión de residuos sólidos urbanos na Conferencia ZERO WASTE 2013. Foron os colectivos e plataformas que impulsaron a Iniciativa Lexislativa Popular a prol da redución, reutilización e reciclaxe. Neste espazofacemos a crónica da visita.

15/03/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 15/03/13

Neste boletín de 10 minutos coñecerás a actualidade da última semana no panorama ambiental de Galiza. Entérate de que acontece no ambiente galego!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal