Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

31/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 31/05/13

Escoita o espazo no que coñecerás que aconteceu na realidade ambiental da última semana, e que eventos hai programados nos vindeiros días con respecto á defensa da nosa Terra.

30/05/2013   []   [5.74 MB]

Dez anos despois, os tribunais licitan a Reganosa na ría de Ferrol

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid aproba as instalacións de Reganosa na ría de Ferrol sen a preceptiva Declaración de Impacto ambiental. Dez anos houbo que agardar a que a xustiza se pronunciase sobre a legalidade de Reganosa. Agora o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol (CCE) presentará un recurso de casación que elevará ao Supremo para que sexa este quen decida se Reganos é ou non é ilegal.

29/05/2013   [00:10:00]   [5.75 MB]

II Limpeza simultánea de praias de Galiza

O vindeiro 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. ADEGA celebrará esta conmemoración coa II Limpeza simultánea dos areais galegos. Persoas e grupos de persoas interesadas en participar como voluntarias achegaranse ás praias para reivindicar, a través desta acción, a conservación do litoral.

28/05/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Máis minas de ouro en Galiza. O caso do Val do Neira.

A pasada semana, A Fonsagrada acolleu unha charla organizada polo BNG local coa participación de ADEGA e a FRUGA para explicar a poboación cales son as consecuencias para as poboacións locais dos proxectos mineiros "estratéxicos" ou dirixidos á explotación de ouro e outros minerais metálicos moi devecidos, hoxe en día, pola industria da electrónica. A Fonsagrada, xunto cos concellos de Baleira, Becerreá e Baralla, están a a ser obxecto de exploración na busca de ouro por parte da multinacional Golquest Ibérica.

27/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Chega a Bruxelas a oposición á megaminaría contaminante para Galiza

Unha delegación galega de colectivos sociais e ecoloxistas desprázanse a Bruxelas, convidados polos Verdes-ALE e Ana Miranda (BNG) para amosar a súa repulsa á megaminaría contaminante. Os galegos e galegas pedíronlle ao Parlamento Galego que restrixise este tipo de explotacións polo seu impacto ambiental, económico e social.

24/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 24/05/13

Coñece as novas ambientais máis destacadas desta semana en Galiza, neste espazo CERNA que promove a entidade ecoloxista ADEGA.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal