Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

03/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O glifosato: o herbicida para todo, con repercusións na saúde

Amigos da Terra vén de publicar un estudo sobre as repercursións na saúde do contacto co glifosato, un dos herbicidas máis utilizados en todo o mundo. Tamén é que se usa en Galiza para fumigar as estradas.
Os resultados do estudo, realizado polo científico e experto en agrotóxicos Gilles-Eric Serálini, revela que este produto pode crear severas alteracións no organismo humano.

02/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Impactos na saúde e no ambiente da fumigación de estradas

Pese a que a fumigación de estradas está a ser unha práctica xeralizada en Galiza, e promovida polas institucións públicas, expertos na agroecoloxía inciden nos impactos negativos que os herbicidas utilizados crean na saúde humana e no ambiente. Xan Pouliquen explícanos nestes espazo cales son os prexuízos, e cales as alternativas.

01/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Denuncia do CES contra a fumigación xeralizada de estradas

O Colectivo ecoloxista do Salnés denuncia a situación de contaminación con produtos tóxicos das cunetas das estradas da comarca do Salnés. Unha práctica que se fai extensible a outras estradas do territorio galego e que poderían afectar de xeito negativo á saúde das persoas e ao medio natural. ADEGA tamén lanzou unha campaña de recollida de imaxes-denuncia ao longo de todo o país.

28/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 28/06/13

Coñece as novas ambientais da última semana en Galiza, aquí en Radio Cerna, programa prmovido por ADEGA.

27/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

ADEGA gaña nos tribunais a nulidade do Plan Sectorial de Barreiros

O TSXG anula o Plan sectorial de Barreiros co que o PP intentou legalizar as urbanizacións supostamente ilegais de Barreiros. Estas obras foron xudicializadas no seu día polo bipartito e o goberno de Núñez Feijóo retirou os contenciosos con cargo a este planeamento agora anulado. ADEGA manifesta a súa satisfacción por esta sentenza, que aforrará ademais 14 millóns de euros ás arcas públicas.

26/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Posible delito ambiental nos montes de Ferrolterra

A organización ecoloxista ADEGA investiga a composición de varias toneladas de verteduras arredor do polígono industrial das Somozas, en Ferrol, depositadas en terreo agrícola e de cultivo.  As analíticas revelan unha elevada concentración en metais pesados e hidrocarburos que son moi prexudiciais para o solo e a saúde humana. ADEGA levará este caso á Fiscalía.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal