Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

30/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

SOS Panadeira denuncia a destrución de dúas praias de Sanxenxo

Portos de Galicia e o concello de Sanxenxo autorizan a colocación de novos pantaláns para embarcacións recreativas do Clube Náutico do concello. Pero este feito está a desgustar a gran parte dos veciños e veciñas pola alteración que están a sufrir dúas praias urbanas do municipio, bens públicos, a favor dun negocio privado.

29/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Un respiro para as abellas: a UE restrinxe o uso do fipronil

Co fipronil xa son 4 os pesticidas neonicotinoides que a Unión Europea restrinxe no último ano. Estes activos tóxicos afectan o sistema nervioso das abellas e fanas desaparecer. Un risco do que finalmente se está a decatar a UE e que agora intenta atallar coa prohibición temporal destes praguicidas. O fipronil é un dos máis perigosos, aínda así España é un dos países que avoga por seguir utilizándoo para o tratamento das sementes de millo e xirasol.

24/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Porto Cabral: monte comunal ou centro comercial

Esta é a disxuntiva á que se enfrontan os comuneiros e comuneiras da parroquia de Cabral de Vigo. "Porto Cabral" pretende ser o maior centro comercial de Galiza, nas proximidades de Vigo, cunha extensión de 500.000 m2 auspiciada pola empresa Eurofund de capital británico. Pero o monte no que se quere instalar é de man común polo que está sometido á lei que regula este tipo de xestións comunais. A lei prohíbe que o monte se poda vender ou dividir. Aquí aparece a controversia. A puxa por conservar o monte ou darlle un uso comercial está aberta.

23/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Proxecto Cernes: promoción e comercialización de produtos ecolóxicos

Nace como iniciativa do goberno galego e da Rexión Norte de Portugal, para promover en Galiza a produción e comercialización de produtos ecolóxicos, nomeadamente de froiteiras, catiñeiros e oliveiras. Agora atópase na súa fase final e imos coñecer como se desenvolveu.

22/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Á procura do ouro na Serra da Groba, dous mil anos despois

O Instituto de Estudos Miñoranos vén de solicitar a catalogación de 15 minas de ouro romanas na Serra da Groba. Paralelamente, unha empresa canadiana solicita a prospección e sondaxe da zona, o que podería supór un grave impacto sobre os vestixios romanos, ademais doutras alteracións na contorna.

19/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 19/07/13

Como xa sabes, os venres repasamos a actualidade ambiental acontecida no país durante a última semana. Escoita o resumo que che ofrecemos.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal