Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

10/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O río Miño, candidato a Patrimonio da Humanidade

Non fomos os galegos e galegas os que tivemos a iniciativa, senón o veciño Portugal. O concello de Caminha lanza a proposta de candidatar o río Miño a Patrimonio Mundial da Humanidade. Con que obxectivos? Descubrímolo co vicepresidente deste municipio ribeirán portugués co que compartimos o pai dos ríos galegos.

09/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O certificado de eficiencia das vivendas

Desde hai 3 meses está en vigor o regulamento que obriga a certificar enerxeticamente as vivendas de todo o Estado. En Galiza, o órgano xestor é o Instituto enerxético de Galicia ou INEGA. O obxectivo é que os fogares reduzan o seu consumo enerxético e gañen en sostibilidade. Hoxe preguntámoslle a un dos técnicos que realizan esta clase de certificacións que é a certificación de eficiencia das vivendas, como se fai e quen debe de solicitala, entre outras cuestións.

09/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

10 medidas para combater o lume

Para o movemento ecoloxista e social as causas dos incendios forestais en Galiza están máis que debatidas, pero nada ou pouco se está a facer para resolvelas, á vista de que a problemática non dá chegado ao seu fin. Ademais dos causantes máis directos, os incendiarios, non se poden desligar das causas as condicións de bandono que ofrece o noso rural e a súa falta de produtividade. Uns 15 colectivos propoñer á administración galego 10 medidas de calado territorial, educativo e forestal para frear a desfeita dos lumes.

06/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 06/09/13

Escoita o único boletín informativo ambiental en galego e sobre o noso medio. Hoxe repasamos as novas máis destacadas da última semana.

05/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O grafeno: o material que pode revolucionar o futuro

Está considerado o material máis duro do mundo, ou cando menos, un dos máis duros. Isto xunguido á súa flexibilidade ou elasticidade convérteo nun dos descubrimentos do século e quizais un dos recursos máis demandados nas próximas décadas. Neste programa coñecemos as súas cualidades e potenciais funcionalidades cunha das investigadoras que estudan a súa composición e propiedades.

04/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Cando nace a paisaxe tradicional do rural galego?

Probablemente nunca antes como agora se produciron mudanzas tan extremas na paisaxe; na contra conservamos durante séculos a paisaxe tradicional galega. Desde cando foi concibida é a pregunta trataremos de darlle resposta neste programa CERNA. Falamos da arqueoloxía do rural galego coa investigadora Paula Ballesteros.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal