Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

13/01/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Liña verde de consulta e denuncia ambiental en Lugo

Preto de 200 concellos en todo o Estado xa están facer uso da liña verde para facer consultas ambientais on-line ou denunciar unha deficiencia no medio natural a través de aplicación móbil, de xeito inmediato e directo. Recentemente, o concello de Lugo converteuse na primeira cidade galega que pon a disposición dos seus cidadáns este servizo, a través da plataforma www.lineaverdelugo.org.

10/01/2014   [00:10:00]   [5.72 MB]

Boletín informativo ambiental 10/01/14

Hoxe coñecemos neste espazo Cerna as novas ambientais máis sobresaíntes da semana. En poucos minutos, ponte ao día!

08/01/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Premios Osíxeno e Dioxina de ADEGA para 2013

ADEGA fai pública a lista de premiados para 2013 dos galardóns Osíxeno e Dioxina que representan, respectivamente, as mellores e peores actuacións ambientais nos últimos 12 meses. A entrega dos premios terá lugar este sábado.

03/01/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 03/01/14

Coñece as novas ambientais máis destacada dos últimos días. Informamos ademais de que a partir da vindeira semana Cerna terá nova programación. Emitirá os luns, mércores e venres de cada semana. Feliz Ano 2014!

31/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Cando ver aves en Galiza? A primeira guía de destinos segundo a época do ano

Dous naturalistas galegos elaboran unha completa guía de destinos para a observación de aves en Galiza, segundo as diferentes épocas do ano. A publicación ofrece unha lista de localizacións mes a mes, ademais de interesante información complementaria para os afeizoados a esta actividade, pero tamén para aqueles que se queiran inicar nela. É a primeira guía destas características en todo o Estado.

30/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Lexislación territorial: a Reforma local

O goberno estatal vén de propoñer unha Lei de Reforma local que deixa sen capacidade xurídica aquelas entidades locais de carácter menor (parroquias, barrios, etc.). Analizamos coa profesora en dereito administrativo e ambiental como afectaría no territorio galego esta nova normativa.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal