Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

10/03/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

O Gamonal galego na defensa do río Sarria

Máis de dúas semanas leva a veciñanza de Sarria resistindo fronte o encanamento do río promovido polo Concello, a Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A persistencia da mobilización veciñal na defensa do río xa fixo que algúns tildasen esta causa como o "Gamonal" galego. Neste espazo coñecemos os motivos de oposición do pobo de Sarria ao encanamento do río que pasa polo centro da localidade e os impactos que este proxecto suporía para os valores ambientais e culturais da vila.

06/03/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 07/03/14

Escoita en poucos minutos a actualidade ambiental que deparou a última semana ho territorio galego.

05/03/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

O movemento ecoloxista de cara ás eleccións europeas

As cinco organizacións ecoloxistas máis importantes do Estado veñen de presentar 14 propostas de cambio aos candidatos/as ás eleccións europeas do 25 de maio. O seu obxectivo é que as políticas ambientais, non só teñan cabida no futuro de europa, senón que estean deseñadas como alternativa económica e como saída da crise.

03/03/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Novas charcas con vida para 2014

ADEGA dará continuidade ao proxecto de voluntariado ambiental "Charcas con Vida" durante este ano 2014. O colectivo ecoloxista prevé a creación e recuperación de novas charcas, sesións formativas sobre os seus valores, ampliar o inventario online de pequenos humidais en Galiza, e algunha que outra novidade...

28/02/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 28/02/14

Coñece cales foron as noticias ambientais máis relevantes no país durante a última semana...

26/02/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os criterios e certificados da moda sostible

A deseñadora María Almazán explica baixo que criterios se mide a sostibilidade na elaboración téxtil e cal é a trazabilidade ou seguimento que debe seguir desde o cultivo da materia prima ata chegar ás tendas. Tamén nos dará conta de cales son os selos que certifican a moda sostible.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal