24/03/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A Xunta denega definitivamente a mina de ouro de Corcoesto. O proxecto de Edgewater non cumpre cos requirimentos económicos e técnicos.Os colectivos ecoloxistas amosan unha ledicia cautelosa e a multinacional canadiana ameaza con recorrer a decisión nos tribunais. Neste espazo abordamos as sensacións que deixou este anuncio nalgunhas das plataformas opostas a esta inxente e perigosa explotación dos recursos naturais.
21/03/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Varias son as novas relevantes no eido ambiental da semana. A Xunta anuncia a denegación definitiva do proxecto da mina de ouro de corcoesto e preto dun cento de alcaldes se concentan diante do Parlamento para pedir diálogo e a non aplicación do taxazo de Sogama. Estes foron algúns dos acontecementos máis relevantes, pero houbo máis...!
19/03/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A Fundación Fragas do Mandeo lanza unha nova campaña de custodia do territorio destinada a repoboar con castiñeiros terreos plantados con eucalipto para poñer en valor a flora autóctona fronte a foránea. A actividade terá lugar o vindeiro 29 de marzo a carón do río Mandeo.
17/03/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
O Alto Ulla é a paisaxe elixida por Quercus sonora para promover a fusión da música e a natureza. Dous elementos indisolubles para esta organización encargada de celebrar o Festiulloa, o festival de música de cámara de Antas de Ulla, destinado a poñer en valor a comarca e os seus valores natuais. Agora, Quercus sonora tamén se suma á custodia do territorio.
14/03/2014 [00:10.00] [5.74 MB]
Neste espazo repasamos a actulidade informativo no eido ambiental galego. Coñece o que aconteceu na nosa contorna na última semana...
12/03/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Tes escoitado falar da "plastisfera"? O mundo científico está comezando a poñer o seu interese no que podería ser unha nova forma de ecosistemas campando polos océanos de todo o mundo. Investigadores galegos tamén veñen de lanzar liñas de investigacións que tratan de coñecer máis este inquedante universo de plásticos que convive coa biodiversidade natural do medio mariño. O obxectivo é saber cal é o impacto destas grandes illas de plástico no medio e na saúde, e como frear a súa expansión.