Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

07/05/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os residuos da enerxía eólica, na alegalidade

Eurofiber calcula que os residuos procedentes da industria eólica ascenden a 18.000 toneladas só no Estado español. Outros sitúan a cifra máis a baixa, pero en calquera caso o tratamento de residuos eólicos ameaza con ser un problema grave de contaminación se non se regula con urxencia. Un estudo do CSIC, en colaboración coa empresa Enreco2000, busca unha saída para algúns dos compoñentes fibrosos das pás dos muíños de vento, a meirande parte delas depositadas en vertedoiros alegais cando se converten en residuos.

05/05/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

A pesca artesanal crea emprego

Greepeace propón un modelo pesqueiro que suporía a creación de máis de 8.000 empregos en Galiza. Ao mesmo tempo, lembran aos políticos as promesas incumpridas en materia de pesca e sostibilidade mariña.

02/05/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 02/05/14

Coñece as novas ambientais que deparou esta semana aquí en Galiza!

30/04/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Cueiros ecolóxicos de campionato!

O pasado sábado, 26 de abril, tivo lugar o IV Récord Mundial de cambio simultáneo de cueiros de tea, no que Galiza tamén participou. Este evento trata de reivindicar o uso dos cueiros ecolóxicos fronte os convencionais por razóns ambientais, económicas e de saúde. Escoitemos que vantaxes nos ofrecen...

28/04/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Defender os animais desde unha perspectiva filosófica

Desde hai uns 15 anos estase a estender un novo paradigna na defensa dos animais, baseado na filosofía moral. O movemento "animalista" toma como referencia esta nova formulación do pensamento moderno con respecto ao papel e comportamento dos seres humanos cos demais animais. Para coñecer os razoamentos que fundamentan este paradigma falamos co profesor de filosofía moral na USC, Óscar Horta.

25/04/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 25/04/14

Aquí podes escoitar nun espazo resumido as novas acontecidas no eido ambiental galego da última semana.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal