ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Xornadas / Xornada Compostaxe: Experiencias prácticas

Xornada Compostaxe: Experiencias prácticas

As xornadas de compostaxe de Lugo amosan a actualidade do tratamento ecolóxico dos residuos

As xornadas de compostaxe de Lugo amosan a actualidade do tratamento ecolóxico dos residuos

Con esta inciativa, ADEGA e a área de medio ambiente da Deputación de Lugo queremos animar aos concellos, mancomunidades e deputacións a poñer en marcha proxectos de compostaxe, ben sexa domiciliaria, comunitaria ou en pequenas plantas, coa idea de aproveitarmnos este valioso recurso -a materia orgánica dos residuos- e evitar que sexa incinerada ou vertida como acontece en SOGAMA. De paso, e cos diversos sistemas para aproveitar este elemento e convertilo en compost, os concellos aforran cartos e contribúen a loitar contra o cambio climático, devolverlle a fertilidade á terra e aos montes, pechar ciclos produtivos nas áreas rurais... en definitiva, beneficiar á cidadanía e ao medio ambiente.

Crónica das palestras e actividades

Sobre a actualidade e as novidades dos diferentes proxectos baseados na compostaxe en Europa, o estado e Galiza falou Ramón Plana, mestre compostador e experto no deseño e posta en marcha de iniciativas ecolóxica spara a xestión dos biorresiduos.

De seguido, nunha mesa redonda puidemos coñecer a evolución de proxectos tan novidosos como o "porta a porta" rural nun núcleo de San Sadurniño, presentado polo seu alcalde, Secundino García.
Os resultados dos proxectos de Carballo (área de compostaxe e horto escolar contiguo) e Allariz (compostaxe caseira, áreas de compostaxe comunitaria e compostaxe en planta) foron expostos respeitivamente por Lois Lamas, concelleiro de obras e servizos de Carballo e Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente de Allariz.
Completou a mesa Joseba Sánchez, técnico da empresa Navarra Vermican, que amosou os resultados das distintas experiencias desenvoltas en Nafarroa e Euskal Herria, e que están a acadar arestora os níveis de reciclaxe fixados pola Directiva para 2020!

Puidemos coñecer tamén a realidade dos moitos proxectos que se están a desenvolver en Catalunya através dunha videoconferenza con Gemma Nohales, da Agència de Ecologia Urbana de Barcelona, que fixo especial fincapé no éxito dos sistemas "porta a porta".

Na mesa redonda do serán, coñecimos máis inciativas e proxectos como os desenvolvidos coa materia orgánica dos comedores escolares da UDC (Universidade da Coruña), a cargo de María R. Lafuente, técnica de ADEGA; e a investigación en compostaxe de algas e restos de peixes desenvolvida no campus de Lugo da USC por Marta Illera e obxecto da súa tese de doutoramento. Finalmente, Gregorio López, tésnico de parques e xardíns de Compostela amosounos o xa veterano proxecto de compostaxe con restos d epoda e xardín das moitas zonas verdes de Santiago e que permitíu un aforro de cartos, materiais e agroquímicos no mantemento dos espazos verdes da cidade.

As xornadas remataron o sábado 28 con senllas visitas á planta de compostaxe e tratamento de RSUs da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, guiada pola tésnica Marta Domínguez, e á experiencia de ciclo pechado de materia orgánica (da horra ao prato, de aí aos composteiros e á horta) que leva adiante dende hai uns anos o Fogar do Santiso, coñecida casa de xantar no concello de Teo.


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal