ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Xornadas / XORNADAS PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO

XORNADAS PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO

XORNADA “CULTURA E TERRITORIO”

Cartaz Programa Xornada Cultura e Territorio

Dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, cuxo lanzamento tivo lugar o pasado 16 de abril en Santiago de Compostela, ADEGA organizou a xornada “Cultura e Territorio”, o 30 de Abril de 2011 no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.

Esta xornada quixo trasladar á sociedade galega unha dobre mensaxe: debemos frear a desfeita territorial e procurar unha alternativa sustentable de ordenación, que conciba o territorio como un valor patrimonial e cultural que debemos protexer. Contou co patrocinio da Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Acompañamos o díptico da xornada e o resumo dos relatorios.

XORNADA “O MONTE COMO OPORTUNIDADE SUSTENTABLE FRONTE Á CRISE”

Cartaz xornada O monte como oportunidade sustentable fronte á crise

Dentro do conxunto de actividades organizadas por ADEGA dentro da Campaña “Ponte no Medio, Móvete pólo Territorio” a prol dunha ordenación territorial sustentable, o pasado 4 de xuño de 2011 desenvolveuse na Sala de Conferencias do Edificio Multiusos de Melide unha xornada dedicada a analizar o papel do monte galego como oportunidade sostible fronte a crise.

A actividade estivo programada conxuntamente coa ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común) e contou co patrocinio de Vicepresidencia da Deputación da Coruña. Acompáñase díptico da xornada e a transcripción das palestras.

ENCONTRO DE ESCRITORES POLO TERRITORIO

Cartaz Encontro de escritores polo territorio

O encontro de escritores estivo enmarcado dentro da campaña “Ponte no Medio. Móvete polo Territorio” de 2011 que ADEGA leva a cabo desde ese ano a través de accións culturais, reivindicativas e xurídicas pola defensa do noso Territorio fronte a desfeita especulativa do sector privado e coa apoio dunha administración indoente.

Este acto cultural tivo lugar o 11 de xuño de 2011 e tratou de tocar estes temas urxentes desde un punto máis literario a través dos ollos dos creadores e creadoras da nosa terra cunha visión cargada de lirismo e de arte vencellada inevitablemente ao territorio no que viven. Acompáñase o díptico da xornada.

XORNADA “A CULTURA DO MONTE”

Cartaz Xornada A cultura do monte

A Xornada “A cultura do monte” organizada por ADEGA o pasado 29 de xuño de 2012 acolleu a expertos na cultura tradicional galega, nos montes veciñais en man común e no patrimonio cultural dos montes. O acto, que estivo apoiado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación provincial de Lugo, celebrouse no Salón de Actos desta institución.

Esta palestra foi a primeira do ciclo de charlas que ADEGA prevé para a segunda edición do proxecto “Cultura e Territorio”, enmarcada na campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, que pretende dar resposta ás agresións contra o noso patrimonio cultural e ambiental do país. Acompañamos a crónica do evento.


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal