ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Proxecto de compostaxe comunitaria na escola

11-10-2018

Proxecto de compostaxe comunitaria na escola

O pasado xoves 4 de Outubro do 2018 reactivouse o Proxecto Compostaxe comunitaria na escola impulsado pola Concellaria de Medio Ambiente e Convivencia de Co0mpostela.
Nesta primeira actividade do curso 2018/19 os protagonistas foron os alumnos de 4º de primaria do CEIP de VITE. O proxecto comezou neste centro no curso 2017/18 e desenvolveuse coa implementación de diversas actividades, comezando coa instalación das composteiras en Outubro.

Durante o ano escolar ADEGA levou a cabo diferentes actividades cos estudantes relacionadas co compost e realizou diversas visitas facendo un seguimento da evolución do proxecto e realizando labores de asesoramento e mantemento. Neste curso presente retómanse as actividades, empezando pola revisión das composteiras e extracción do compost xerado.

Esta actividade comezou ás nove e media da mañá e rematou ó redor das doce. Durante a mañá, os alunos e alunas participaron na extracción, criba do compost e a posta a punto das tres composteiras que teñen instaladas. Os nenos gozaron moito coa actividade descubrindo a sorprendente e rica biodiversidade de macroinvertebrados que se encargan de traballar no proceso de transformación da materia orgánica nun abono de alta calidade e comprobaron ó longo do curso, por medio de sinxelas fichas de seguimento, os parámetros (temperatura, estrutura, humidade…) que indican que o proceso de transformación evoluciona  correctamente.

Ao longo deste curso escolar levarase a cabo esta actividade en tódolos centros adscritos ao proxecto coa fin de poñer a punto as composteiras para seguir reciclando os residuos orgánicos xerados nas escolas e darlle un novo e beneficioso uso ó producto obtido neste proceso de compostaxe.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal