Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
Galiza soporta unha contaminación moi por riba do que lle cadraría por superficie xeográfica, poboación, grao de industrialización.... Mentres, outras partes do Estado son privilexiadas porque sen aturar a contaminación consomen a electricidade
Este xuño a Xunta emitíu DIA favorábel para a mina de ERIMSA en Mesía. Fíxoo apesar dun informe de Medio Rural que "rexeitaba o proxecto con rotundidade". Agora soubemos que MR emitíu un segundo informe favorábel no que fía todo á palabra da empresa
Poderase acceder a este dosier dixital de información ambiental e de consulta pública a través do sitio web de Radio Cerna (http://adega.gal/radiocerna). Tamén ofrece un recompilatorio das novas por temáticas ambientais.
Vistas as últimas achegas de Cobre San Rafael ao expediente da mina de Touro, seguen sen resolverse as principais eivas sinaladas por Augas nos seus informes previos. Abonda pois de papelaxe: a que agarda a Xunta para rexeitar o proxecto?
ADEGA vén de publicar o número 81 da revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA relativa á edición de verán deste ano 2019. O tema central está enfocado na emerxencia climática e na mobilización do 27-S.
ADEGA-Lugo vén de presentar a súa proposta de roteiros 2019-2020 que desta volta dedica a reivindicar a acción social na defensa do medio ambiente e do patrimonio cultural a través das sinerxías creadas entre os distintos colectivos sociais.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal