ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Políticos tóxicos: O PP fica só na defensa do...

26-11-2013

Políticos tóxicos: O PP fica só na defensa do cianuro e rexeita a lei para prohibir o seu uso en minaría

O grupo parlamentar do PP vén de retratarse hoxe no Parlamento como único defensor do uso do cianuro en minaría. Rexeitou aprobar unha proposición de lei redactada polos ecoloxistas galegos para prohibir o uso deste veleno en calquera mina do país.

Feijóo e Hernández son agora políticos tóxicos

Coa burda excusa de que até o de agora, "non morreu ninguén vítima do cianuro nas explotacións mineiras", o grupo parlamentar do PP vén de rexeitar unha Proposición de Lei apresentada polo BNG, apoiada por toda a oposición e redactada polos grupos ecoloxistas galegos, para liberar á cidadanía e ao ambiente dos riscos de usar cianuro en minaría.

Deste xeito, e malia existiren alternativas menos tóxicas ao cianuro (prohibido en Alemaña, Chequia, Hungría, numerosos estados de EEUU...), o PP desoe as recomendacións do Parlamento Europeo (resolución de 2010) e prefire atender aos intereses das corporacións mineiras antes que á saúde da cidadanía e do medio ambiente.

Os veciñios e veciñas das comarcas ameazadas por explotacións de ouro e outros metais preciosos, saben agora de que banda fica a Xunta e o PP: Da banda dos mercaderes de veleno e das transnacionais mineiras que poñen o seu lucro por riba da saúde de todos nós.

Coa vergoñenta decisión de hoxe, o PP cruzou outra volta a "liña vermella" que separa a decencia política e o servizo ao ben común da conivencia cos espúreos intereses das empresas sen escrúpulos. Que lles aproveite o cianuro sres. Feijóo e Hernández!

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal