ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Xornadas "Enerxía e Clima" e exposición sobre o...

16-03-2018

Xornadas "Enerxía e Clima" e exposición sobre o cambio climático en Lugo

Estes vindeiros días 20 e 21 de marzo celébrarase en Lugo un simposio sobre enerxía e cambio climático organizado pola Deputación de Lugo, e que se desenvolverá no Pazo de San Marcos. En diversas palestras, abordaremos as consecuencias da mudanza climática no noso país, a contribución das fontes de enerxía e as súas emisións de gases, e sobre como afrontarmos a crise enerxética. O simposio compleméntase cunha exposición sobre a mudanza climática e as medidas de mitigación, que permanecerá aberta no mesmo Pazo de San Marcos até o 24 de marzo, data da iniciativa "A Hora do Planeta".

Tamén trataremos aspectos máis concretos do modelo enerxético galego, a factura eléctrica, as medidas de aforro e eficiencia nos fogares e a problemática da contaminación lumínica e o desbaldimento de enerxía na iluminación exterior. Precisamente para avaliar a contaminación lumínica dunha área urbana, as súas causas e medidas de control, realizaremos un roteiro vespertino pola cidade de Lugo a tarde do día 20.
As xornadas rematarán o día 21 coa visita á vivenda bioclimática e ao parque eólico experimental de Sotavento en Xermade.

Programa

Do 12 ao 24 de marzo. Pazo de San Marcos (Deputación de Lugo):

-Exposición sobre a enerxía. Inauguración 12 de marzo ás 12h.
Elementos expositivos sobre mudanza climática, impactos e consecuencias, gasto enerxético, medidas de aforro…

20 de marzo. Pazo de San Marcos:

-XORNADA “ENERXÍA E CLIMA- A HORA DO PLANETA”
Mañá (10.30h – 14.00h)
10:30h. Benvida institucional e contextualización.
10.45h. O cambio climático: impactos e previsións. Pablo Ramil, director do IBADER e experto/a do panel científico galego contra o cambio climático.
11:30h. Debate
11.45h. Pausa Café
12.00h. A contaminación das fontes de xeración enerxética. Ramón Varela Díaz, experto en contaminación atmosférica.
12.45. Crise enerxética e decrecemento no marco dos acordos de París. Xoán Doldán, USC.
13:30h. Debate

Tarde (16.30h – 19.00h)
16:30h. O modelo enerxético galego. Adrián Dios Vicente, USC.
17:15h. A factura eléctrica: aforro e eficiencia no fogar. Pablo Álvarez Fernández, Coop. Nosa Enerxía.
18:00h. A problemática da contaminación lumínica. Fins Eirexas, ADEGA
18:45h. Debate.

-Roteiro vespertino urbano pola cidade de Lugo (20h a 22h) para avaliar a contaminación lumínica e a problemática da iluminación exterior.

21 de marzo. Parque experimental de Sotavento:
-Visita crítica á vivenda bioclimática experimental e ao parque eólico de Sotavento (Xermade, Lugo).
Saída ás 16h dende Lugo, Av. Ramón Ferreiro, fronte á Escola de Formación do Profesorado. Comezo da visita ás 17h.

Información e inscricións

A asistencia á exposición e ás xornadas é de balde.
O roteiro e a visita teñen un limite de prazas de 40 persoas, por orde de inscrición.

Liga no 981570099; 982240299; adega@adega.gal; adegalugo@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal