ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Cova Eirós, tema de fondo de Sermos-ADEGA nº 7

19-09-2016

Cova Eirós, tema de fondo de Sermos-ADEGA nº 7

Eirós: O Libro da Historia máis recuada da Galiza

Sermos-ADEGA nº 7

O número 7 de Sermos-ADEGA preséntanos os valores científicos para a paleontoloxía e a arqueoloxía da Cova Eirós, que temos en Triacastela. O seu chan calcario permitiu conservar un dos mellores xacementos na Península Ibérica de oso das cavernas, especie emblemática do Plistoceno. Tamén as primeiras pinturas rupestres da Galiza foron encontradas en Eirós, xunto con restos humanos de hai máis de 118.000 anos.

A pesares disto, a Cova de Eirós está ameazada pola cimenteira Cosmos, hoxe propiedade da multinacional brasileira Votorantim. Eirós segue sen protección efectiva e ADEGA non se dá por vencida nesta loita.

Sermos-ADEGA 7 ofrece artigos de Aurora Grandal d’Anglade e Juan Ramón Vidal Romaní (IUX Isidro Parga Pondal, UDC) e de Adela Figueroa (ADEGA). Aliás, esta publicación, que xa podes descargar desde aquí, ofrece unha selección das principais actuacións de ADEGA durante este verán de 2016 que está a terminar.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal