Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Móvete con ADEGA polas rías, contra ENCE e a...
31-05-2016
Este sabado 4 de xuño en Pontevedra convocámoste á mobilización en defensa das rías, contra ENCE e os eucaliptos. Se defendes o medio ambiente, non podes faltar!
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, ADEGA xunta cunha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais incluidas na plataforma ENCE FÓRA, convócate á manifestación que sairá da alameda de Pontevedra este sábado 4 de xuño ás 19h.
Hai servizo de buses organizado por ADEGA e a FEG dende Ferrol e Lugo (ver horarios e contactos máis abaixo).
Agardámoste no comezo da Alameda fronte á igrexa (restos) de San Domingos. Temos faixas e estandartes de protesta para todos/as. Non podes faltar!
-Dende Lugo (organiza ADEGA-Lugo): Saída o día 4 ás 16.00 hs. diante da Facultade de Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio), na Avenida de Ramón Ferreiro.
Reserva de praza bus Lugo: 982240299. Prezo: 10€ por persoa.
-Dende Ferrol, pasando pola Coruña e Compostela (organiza ADEGA e a FEG):
Nestas ligazóns poderás descarregar estes cartaces en alta resolución, imprimilos e traelos á manifestación.
En ADEGA teremos xa preparados varios estandartes con estes motivos.
Vémonos na Alamenda fronte á Igrexa de San Domingos o sábado ás 19h!
Cartaz 100% NON GRATO
Cartaz TODO POLA PASTA
Cartaz ADEUS RÍAS, ADEUS MONTES
Cartaz STOP EUCALIPTO
Cartaz ENCE FÓRA
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal