ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / SermosADEGA xa está na rúa!

26-03-2015

SermosADEGA xa está na rúa!

Esta semana nace SermosADEGA, un caderno que acompañará ao semanario en papel Sermos Galiza e que achegará periodicamente información de actualidade sobre cuestións medioambientais.

Trátase dun proxecto en parcería con Sermos Galiza que abrangue temas de actualidade medioambiental e da actividade de ADEGA, quen se encarrega de seleccionar os contidos.

ADEGA sempre prestou atención á divulgación através da revista Cerna, que actualmente é electrónica, e dun anuario en papel. Mais con este proxecto queremos reforzar ese traballo e cubrir tamén ese oco de información ambiental que a imprensa tradicional non está a cubrir.

Neste primeiro número do suplemento o tema central xira arredor da campaña Cousa de Raíces, unha iniciativa de ADEGA na defensa do monte autóctono galego caducifolio. Aliás, inclúe varios artigos de autor, unha sección con novas de actualidade e unha entrevista, desta volta coa Presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez. Esta estrutura é a que manterán os sucesivos números.

Preme no apartado de DESCARGAS para poder velo!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal