ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / A situación do lobo galego, a debate na Eira da...

25-04-2014

A situación do lobo galego, a debate na Eira da Xoana

Este sábado 26 de abril, ADEGA organiza as III Xornadas sobre o lobo galego na Eira da Xoana, equipamento medioambiental e cultural de ADEGA situado en Ramil (Agolada) ao carón do Castelo de Pambre.

As xornadas celebraranse ó longo de todo o día, contando con diferentes colaboradores de interese, que debruzarán a situación ecolóxica do lobo no país e os resultados do Plano de Xestión desta especie aprobado hai uns anos.

Programa

10:30 - SEGUEMENTO DO PLANO DE XESTIÓN DO LOBO, Martiño Nercellas, biólogo, ADEGA.

12:00 - PERSPECTIVAS E CONSERVACIÓN DO LOBO EN GALIZA, Pedro Alonso, consultor ambiental, grupo ERVA.

14:00 - Xantar.

16:30 - Proxección do filme "ENTRELOBOS".

18:00 - Charla-coloquio con Marcos Rodríguez Pantoja, que convivíu 12 anos con lobos e inspirou o filme "ENTRELOBOS"

Información e inscricións:
Marcial Barral (638475322); Xosé Salvadores (659683384)

Achega solidaria: 5€

Nota: Recoméndase levar o xantar para compartillarmos.Caso de querer participar no da organización, contactar previamente.

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal