“Lugo de Cara ao Miño”, onde está ADEGA, presenta alegacións á plataforma flotante que o Club Fluvial de Lugo prevé instalar en época estival no río Miño, dentro dunha zona de Rede Natura.
ADEGA e AEMS-Ríos con Vida veñen de presentar alegacións ao Plan Básico Autonómico (PBA) por non contemplar o grafado dunha parte moi considerable da rede fluvial galega, e presentan como caso paradigmático o de Lugo, onde se deixa sen grafar o 45%.
O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante
Xa foi publicado en papel no semanario galego Sermos Galiza, o pasado 25 de xaneiro, este suplemento ambiental asinado por ADEGA, ao que tamén podes acceder desde aquí.
A metade da humanidade vive en áreas urbanas. A expansión das cidades eo aumento da demanda de terra trae consigo presións para os humidais.
1.2.2018. Adega Ferrol presentou alegacións ao Plano Reitor de Uso e Xestión das Fragas do Eum sometido a información pública e con múltiples eivas e lagunas ao noso entender. Inf. adicion: http://www.adega.gal/novas.php?id=302&idioma=gl&sec=116
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal