ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Enerxía e cambio climático / Novas /

Novas

Formulario de busca
08/02/2024

ADEGA esixe ao Ministerio que exclúa a celulosas como ALTRI e ENCE das axudas PERTE

As pasteiras de ALTRI e ENCE aspiran a captar fondos PERTE para a descarbonización industrial malia incumpriren as condicións das axudas e o marco normativo europeo. ADEGA esixe ao Min. de Industria que rexeite financiar este tipo de proxectos

+info

11/01/2024

ADEGA Lugo reúnese co grupo municipal do PP

Continuando com as entrevistas solicitadas por ADEGA-Lugo, na passada quinta feira reuniu-se representantes deste coletivo com representantes do Partido Popular do Concelho de Lugo.

+info

11/12/2023

Milleiros de persoas moibilizáronse na defensa das montañas galegas fronte a especulación enerxética

A Coordinadora Eólica Así Non mobilizou no Día das Montañas unhas 2000 persoas en diferentes localidades do país baixo o lema “Defendemos as montañas de gobernos e especuladores".

+info

30/11/2023

"Eólica Así Non" convoca mobilizacións na defensa das Montañas fronte a gobernos e especuladores

Haberá mobilizacións en Amil-Moraña, Val do Dubra, Ortigueira, Lugo, A Fonsagrada e Vilar de Barrio.

Os vindeiros 9 e 10 de decembro, a Coordinadora Eólica Así Non, da que fai parte ADEGA, ensalzará o papel da veciñanza e dos colectivos sociais na defensa do territorio fronte a gobernos e especuladores, sometidos ambos ao lobby enerxético.

+info

01/09/2023

O II Plano estatal de control da contaminación atmosférica volta a esquecer as Directrices da OMS

O Ministerio vén de expoñer o II Plano de control da contaminación atmosférica para tentar cumprir cos obxectivos de redución de contaminantes atmosféricos establecidos pola UE. Porén, estes obxectivos seguen a estar moi lonxe do recomendado pola OMS

+info

01/08/2023

Ao xulgado un parque eólico autorizado pola Xunta a Naturgy sobre especies en perigo de extinción

ADEGA vén de presentar un contencioso contra a autorización dada pola Xunta ao parque eólico "Campo das Rosas" de Naturgy por afectar a unha das poboacións máis importantes da Península Ibérica do fento Lycopodiella inundata

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal