ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
17/02/2017

40 Anos de Defensa Ecolóxica de Galiza, a fondo no Sermos-ADEGA nº 9

No marco da súa Asemblea xeral anual, ADEGA celebrou o pasado 28 de xaneiro os seus 40 anos na cidade que a viu nacer, A Coruña, cun acto festivo baixo o título de “ADEGA na crise dos 40”. Nestas páxinas presentamos unha breve historia da Asociación, as p

+info

14/02/2017

O ´porta a porta´rural de San Sadurniño demostra a súa viabilidade

A veciñanza de Igrexafeita e Naraío que participou na experiencia de recollida de lixo domiciliaria (150 persoas) aforraron ao concello 1335€ na factura de SOGAMA

+info

12/02/2017

Batidas de lobo en Cotobade: por que din "controis" cando queren dicir exterminio?

ADEGA tivo acceso a unha gravación que proba a actuación irregular da Xunta ao autorizar "controis poboacionais" recorrentes (3 nos últimos 4 meses) nos montes de Cotobade. Oficialmente non se abatíu lobo algún, así que a Xunta seguíu dando permisos.

+info

10/02/2017

ADEGA traslada á Fiscalía as autorizacións dos controis poboacionais de lobo

Solicita a suspensión das autorizadas e que se deneguen máis precintos. Este domingo celebrarase outra en Cotobade.

Os controis non cumpren coas condicións do Decreto 297/2008 do Plano de xestión do lobo. Estase a aplicar incorrectamente a norma causando un prexuízo ambiental e ecolóxico e menoscabando a protección da nosa fauna e flora máis singular

+info

09/02/2017

Xunta e Fenosa deben revisar a autorización da LAT de Catasós para salvar definitivamente a fraga

A sentenza do xulgado de Pontevedra dando a razón ao concello de Lalín no contencioso con Fenosa pola LAT de Catasós, evidencia outra volta as malas prácticas dunha administración entregada aos intereses das eléctricas.

+info

07/02/2017

Medio millón de hectáreas de eucalipto en Galiza... ABONDA XA!

Portugal conxelou a expansión do eucalipto até 2030, prohibindo novos plantíos por riba das 812.000 hectáreas que arestora ocupa. Na Galiza o eucalipto medra en 500.000 ha e aumentando...

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal