ADEGA

Inicio / Novas / Todas / A xestión do lixo: Situación na Galiza e noutras...

21-10-2013

A xestión do lixo: Situación na Galiza e noutras áreas do Estado

Neste artigo revisaremos os modelos e os resultados da xestión do lixo en diferentes ámbitos do Estado español. A recollida separada encóntrase hoxe xeralizada a través de sistemas que segregan 4 ou 5 fraccións diferenciadas. Os modelos de 4 fraccións baseados na separación dobre húmido-seco e as recollidas monomateriais de papel-cartón e vidro (Córdoba, Montejurra (Navarra), Barbanza, Nostián) atinxen recuperacións no rango do 13 ao 28% do lixo en materiais reciclábeis e do 8 ao 20% do lixo en materia orgánica compostábel, con valores globais do 30-35% en masa. Os modelos que prescinden da recollida separada da materia orgánica, como SOGAMA ou Pamplona, reciclan entre o 8 e o 22%, mentres que entre o 68 e o 90% dos residuos municipais recóllense mesturados e sen posibilidades de recuperación. Os modelos de recollida porta a porta, de aplicación en moitos concellos cataláns (e máis recentemente tamén en Euskadi), segregan igualmente 4 ou 5 fraccións, mais con resultados moi superiores en cantidade e calidade. Entre os ámbitos estudados, Barbanza mostra os mellores resultados e SOGAMA, os peores.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal