ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
09/01/2015 | Monterrei

Constituida unha nova delegación de ADEGA na comarca de Monterrei

Damos a benvida aos compañeiros e compañeiras de Monterrei, Laza, Verín, Castrelo, Oimbra, Riós, Vilardevós e Cualedro, que acaban de constituiren a delegación de ADEGA-Monterrei

+info

05/01/2015 | Lugo

ADEGA-Lugo dedica os roteiros de 2015 aos bosques galegos

O programa desenvólvese dentro da campaña Cousa de Raíces

ADEGA-Lugo dedicará os roteiros de 2015 (período de xaneiro a xuño) ao coñecemento e á reivindicación da posta en valor dos bosques autóctonos de Galicia. Esta proposta entronca coa campaña “Cousa de Raíces”.

+info

25/11/2014 | Lugo

ADEGA insta aos grupos parlamentares a mollarse pola Cova de Eirós

O pasado luns, ADEGA entrevistouse cos grupos parlamentarios para que esixan ao Executivo de Feijóo o cumprimento da lei na protección efectiva como BIC da Cova de Eirós, ameazada pola explotación mineira de Cementos Cosmos.

+info

12/11/2014 | Lugo

Por un Plan Director das Rutas Xacobeas que priorice o valor histórico-cultural fronte o turístico-comercial

O Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, instou á Xerencia do Xacobeo a priorizar os valor histórico-cultural das rutas xacobeas fronte aos intereses privados do comercio e do turismo, no futuro Plan Director dos Camiños de Santiago.

+info

10/11/2014 | Ferrolterra-Trasancos

A Xunta mete outra vez as escavadoras na Frouxeira, pasando por riba de seis figuras de protección

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza vén de anunciar o comezo dunha nova e irracional alteración da lagoa de A Frouxeira (Valdoviño) que culminará, outra volta, co baleirado mecánico do humidal

+info

07/11/2014 | Lugo

ADEGA alerta sobre o impacto ambiental e na saúde da gasolineira de Carrefour de Lugo

Antonte, ADEGA celebrou onte unha mesa redonda na que se puxo de relevo o impacto ambiental e na saúde das persoas que suporía a instalación dunha gasolineira nas inmediacións do centro comercial de Carrefour de Lugo, a escasos 70 metros do río Miño.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal