ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
31/03/2016 | Lugo

En abril celebraranse en Lugo as I Xornadas "Coñecendo o Miño"

Terán lugar os xoves de abril no Museo provincial de Lugo, ás 20.30 horas.

A plataforma “Lugo de cara ao Miño”, da que fai parte ADEGA, organiza para o vindeiro mes de abril as I Xornadas “Coñecendo o Miño” destinadas a divulgar os valores naturais, patrimoniais e histórico do río máis emblemático de Galiza. Le o programa!

+info

14/03/2016 | Lugo

ADEGA e "Lugo de Cara ao Miño" piden a retirada do dique do Miño no Día mundial dos Ríos

Con motivo do Día Mundial dos Ríos, ADEGA e a plataforma "Lugo de Cara ao Miño" demandamos a retirada do dique contruído no río para promover unha minicentral na fábrica de luz de Lugo dentro dun espazo protexido como Rede Natura. Fóra dique!

+info

05/03/2016 | Ferrolterra-Trasancos

A delegación de Adega en Ferrol realizou saída á rúa para presentar o tema á cidadanía

Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Saida á rúa para concienciar sobre o tema.

Adega presentou á cidadanía algúns consellos que poderán poñer en práctica na cociña, na iluminación da casa, no automóbil, etc. Tamén contactouse con concelleiros de Ferrol e outras personalidades relevantes da comarca.

+info

03/03/2016 | Ferrolterra-Trasancos

Convenio de colaboración entre Adega e o concello de Cedeira(Coruña)

Novo convenio sobre compostaxe caseira entre Adega e Cedeira.

Dentro do plan de difusión do programa de compostaxe caseiro, realizado un novo convenio de Adega, nesta ocasción có concello de Cedeira (A Coruña).

+info

18/02/2016 | Ferrolterra-Trasancos

Adega Ferrol denunciou nas zonas de Cariño e As Somozas plantacións

Denuncia de talas de árbores autóctonas e plantacións de eucaliptos

Algunhas de estas talas de árbores autóctonas, en zona LIC

A delegación en Ferrol de Adega, denunciou a tala de bosque autóctono nas zonas de Cariño e As Somozas realizándose plantacións de eucaliptos. Algunhas da zonas afectadas están incluídas en zona LIC

+info

12/02/2016 | Ferrolterra-Trasancos

Membros de Verdegaia, ADEGA, SGHN, Comunidade Menáncaro solicitan protección para a fraga de Menáncaro

Protección da Fraga de Menáncaro en Ferrol. Xuntanza de colectivos ecoloxistas có Concello de Ferrol

Verdegaia, ADEGA, SGHN, Comunidade Menáncaro, e veciñanda tivemos unha xuntanza con concelleiros do Concello de Ferrol para solicitar unha protección especial á carballeira de Menáncaro ainda non protexida polo plan urbanístico actual

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal