ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
31/08/2020 | Vigo

ADEGA alega contra unha concesión mineira de litio sen avaliación de impacto ambiental en Beariz

ADEGA vén de presentar, xunto co colectivo Mina no Cando Non, alegacións ante a Xunta, quen pretende aprobar un permiso de concesión de explotación para un proxecto mineiro sen a debida avaliación de impacto ambiental.

+info

28/07/2020 | Lugo

ADEGA e Ríos con Vida instan á corporación municipal de Lugo a incorporar no PXOM definitivo todos os ríos e regatos do municipio

ADEGA e Ríos con Vida, veñen de lembrarlles á corporación municipal de Lugo que perto de 400Kms de treitos fluviais están sen grafar no 5% do PXOM pendente de aprobación e que poderían atoparse en risco ante o desenvolvemento urbanístico proposto.

+info

23/07/2020 | Vigo

Colectivos ciclistas e ecoloxistas promoven campaña para fomentar a bicicleta nos desprazamentos ás praias de Vigo

Colectivos ciclistas e ecoloxistas, entre eles ADEGA Vigo, lanzan unha campaña para fomentar o uso da bicicleta nos desprazamentos á praia en Vigo

+info

02/07/2020 | Lugo

ADEGA Lugo presenta as xornadas ambientais de verao "Os catro elementos"

Durante o mes de xullo, haberá un obradoiro de cociña solar, un obradoiro de papaventos, unha andaina percorrendo a historia da auga en Lugo, e a visita a unha olería.

+info

28/06/2020 | Ferrolterra-Trasancos

Presentada polo secretario de Adega Ferrolterra no pleno do Concello Ferrol de 25 xuño e aprobado por maioría da corporación

Aprobado no pleno do Concello de Ferrol a proposta de Adega sobre melloras medioambientáis en relación coa crise do coronavirus.

Ferrol 25 xuño 2020. Moción presentada polo secretario de Adega Ferrolterra no pleno do Concello Ferrol , e aprobada por maioría da corporación referentes a medidas medioambientáis de mellora a tomar en relación coa crise do coronavirus.

+info

28/06/2020 | Ferrolterra-Trasancos

Exposición sobre Amazonía. Coa participación de ADEGA, SGHN, Club de Montaña , Verdegaia , Bombeiros de Ferrol e Concello Ferrol

Exposición sobre Amazonía. Ferrol. Pintor Manuel de la Mata. Centro de exposicións Torrente Ballester . Ferrol

Tralo parón da exposción sobre Amazonía, reanúdase en Ferrol dita exposición poderá visitarse no Centro Torrente Ballester ata o 17 de xullo. Artista : Manuel de la Mata. Colabora: ADEGA, SGHN, Verdegaia, Club de Montaña, Bombeiros e Concello Ferrol.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal