ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
21/05/2020 | Lugo

O Clube Fluvial de Lugo aproveitou o confinamento para realizar unha tala en Rede Natura

Moita é a presa que certas institucións se dan para realizar obras durante o confirnamento, é o caso do Clube Fluvial en Lugo, que vén de realizar unha tala no aparcadoiro que hai sobre o río Miño.

+info

11/03/2020 | Lugo

ADEGA cuestiona a construción da Rolda Leste

Ante a previsión por parte da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da construción da Rolda Leste en Lugo, cuestionamos a necesidade e beneficio dunha vía deste tipo, tendo en conta os impactos que vai xerar.

+info

02/03/2020 | Compostela

Sen compostaxe non hai reciclaxe: O Concello de Santiago esquece a compostaxe nos orzamentos de 2020

Nos orzamentos de 2020 non hai ningunha partida para manter á compostaxe no fogar nin a comunitaria. Tampouco para o estudo dunha planta de compostaxe industrial. Incumpriranse os obxectivos de reciclaxe da UE, o que podería dar lugar a sancións

+info

28/02/2020 | Lugo

ADEGA e a UNED de Lugo asinan un convenio de colaboración

ADEGA vén de asinar un convenio de colaboración coa UNED de Lugo, co galo de crear novas sinerxías para fomentar conxuntamente a educación ambiental na cidade de Lugo.

+info

27/02/2020 | Vigo

ADEGA insta a frear o enésimo ataque ás Gándaras de Budiño

As obras de construción do novo centro de formación da Fundación ACEESCA, no concello de Porriño, está a eliminar gran parte do bosque aluvial de amieiros das Gándaras de Budiño, un hábitat prioritario para a UE, afectado tamén ao sapoconcho.

+info

19/02/2020 | Vigo

ADEGA Vigo aposta pola peonalización sen túnel da zona vella de Vigo

#VigoSenFumes

ADEGA Vigo, xunto con outros colectivos ambientais e sociais da cidade, súmase ao manifesto do colectivo Vigo Histórico co fin de demandar outra solución sen túnel para o actual proxecto de peonalización da Porta do Sol.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal