ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Ferrolterra-Trasancos

Ferrolterra-Trasancos

21/07/2016

Chega a REGANOSA o primeiro barco con gas de "fracking" USA grazas ao tratado TTIP

Este 22 de xullo entrará na ría de Ferrol cara REGANOSA o primeiro gaseiro con gas de "fracking" procedente dos campos USA, unha das primeiras consecuencias das negociacións do TTIP

+info

14/06/2016

ADEGA e outras 14 entidades solicitamos a Industria a nulidade da autorización de Reganosa e o cumprimento das sentenzas do Supremo

Ante a publicación no BOE do trámite para a autorización de REGANOSA solicitamos a nulidade radical do procedemento de autorización por fraude de lei, desviación de poder, e vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva

+info

24/04/2016

Crónica da constitución de Plataforma de defensa da Praia e Ría de Cedeira.

O pasado día 22 de abril, membros de ADEGA e SomosCedeira participamos na constitución dunha plataforma cidadá en defensa da praia e da ría de Cedeira, acto que estivo organizado polo concello de Cedeira.

+info

05/03/2016

A delegación de Adega en Ferrol realizou saída á rúa para presentar o tema á cidadanía

Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Saida á rúa para concienciar sobre o tema.

Adega presentou á cidadanía algúns consellos que poderán poñer en práctica na cociña, na iluminación da casa, no automóbil, etc. Tamén contactouse con concelleiros de Ferrol e outras personalidades relevantes da comarca.

+info

03/03/2016

Convenio de colaboración entre Adega e o concello de Cedeira(Coruña)

Novo convenio sobre compostaxe caseira entre Adega e Cedeira.

Dentro do plan de difusión do programa de compostaxe caseiro, realizado un novo convenio de Adega, nesta ocasción có concello de Cedeira (A Coruña).

+info

18/02/2016

Adega Ferrol denunciou nas zonas de Cariño e As Somozas plantacións

Denuncia de talas de árbores autóctonas e plantacións de eucaliptos

Algunhas de estas talas de árbores autóctonas, en zona LIC

A delegación en Ferrol de Adega, denunciou a tala de bosque autóctono nas zonas de Cariño e As Somozas realizándose plantacións de eucaliptos. Algunhas da zonas afectadas están incluídas en zona LIC

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal