ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

07/10/2016

ADEGA e Lugo de Cara ao Miño esixen ao Concello de Lugo que retire o dique ilegal, aínda que recorra a resolución do Ministerio

O Ministerio de Medio Ambiente vén de resolver definitivamente o expediente sancionador contra a construción do dique ilegal da fábrica d luz no río Miño e obriga ao Concello retiralo do leito fluvial.

+info

06/10/2016

Último mes para poder participar nos VI Concursos polo Territorio de ADEGA

O vindeiro 1 de novembro remata o prazo para presentar fotografías, relatos e curtamestraxes á VI Edición dos Concursos polo Territorio, que convoca ADEGA cada ano.

+info

13/09/2016

Lugo de Cara ao Miño esixe ao Concello a retirada voluntaria e urxente do dique ilegal do río

A plataforma Lugo de Cara ao Miño, da que fai parte ADEGA, vén de esixir ao Concello de Lugo que execute de forma voluntaria e urxente, antes do remate da época de estiaxe, a retirada do dique ilegal da fábrica da luz, ante o risco de desmoronamento.

+info

29/07/2016

As novas ataguías previstas no río Miño tamén incumprirían a Declaración de Impacto do proxecto da Fábrica da Luz de Lugo

ADEGA presentou hoxe alegacións ante a CH Miño-Sil, a DX de Conservación da Natureza e o Ministerio de Medio Ambiente contrarias á execución das novas ataguías propostas polo Concello de Lugo e a empresa executora do proxecto da fábrica da luz.

+info

27/07/2016

ADEGA demanda á Xunta nos tribunais por non declarar BIC a Cova Eirós

ADEGA vén de presentar demanda contra a Consellaría de Cultura da Xunta por non ter iniciado nin tramitado en tempo e forma o expediente de declaración da Cova Eirós de Triacastela como BIC e non contestar ás solicitudes de ADEGA.

+info

26/07/2016

ADEGA e o Foro do Camiño denuncian en ICOMOS as obras de Turismo nos Camiños de Santiago

O Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA, acude a ICOMOS-España para denunciar as obras de "mellora e acondicionamento" que a Axencia de Turismo de Galiza está a executar e prevé realizar nos Camiños Norte e Primitivo, Patrimonio da Humanidade.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal