ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
03/06/2014

Na Semana do Medio Ambiente: Bosques e costas, a nosa identidade

O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Para ADEGA todos os días están adicados ao medio, mais como nesta semana celébrase tamén o Día dos Océanos (8-X) unimos as dúas reivindicacións e cunha serie de actividades que abranquen á terra e ao mar

+info

28/05/2014

Autovía A-76: Monumento á irracionalidade e ao desbaldimento de cartos públicos

Máis de 1200 M€ gastados en plena crise nunha infraestrutura innecesaria. Non son só cartos públicos que van ás construtoras sen causas técnicas que avalen o dispendio, a Ribeira Sacra quedará ferida de morte e o seu patrimonio comprometido

+info

22/05/2014

Defensa sobre o vertedoiro de explosivos F-130: nen vixianza nen medidas de control

Defensa vén de informar a ADEGA sobre o vertedoiro de explosivos F-130 fronte á costa galega. Aliás de indicar a súa localización, o ministerio afirma descoñecer o tipo de munición fondeada e que non fai seguemento nen vixianza ambiental algunha

+info

21/05/2014

Se o matas, non che voto!

Entidades conservacionistas piden á cidadanía que non voten a partidos que defenden a morte do lobo ibérico

+info

16/05/2014

Pontevedra certifica a morte da SOGAMA do sur ao promover unha planta comarcal de compostaxe

Concello e Deputación asinan un acordo para construir unha instalación de tratamento de RSUs baseada na compostaxe

A planta de compostaxe que promove o concello de Pontevedra e a Deputación abre unha vía de esperanza para os concellos que buscan abandonar a ditadura de SOGAMA e da incineración. ADEGA apoia a inciativa e anima a apostar masivamente pola compostaxe

+info

15/05/2014

ADEGA xa recolleu 3 toneladas de roupa para reciclar

Hai un ano que ADEGA se uniu á rede de recollida de roupa usada de Equus Zebra. Durante este período, as nosas instalacións de Compostela e Lugo acolleron preto de 3 toneladas de roupa e calzado destinadas á reutilización e á reciclaxe téxtil.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal