ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
09/10/2019

ALCOA recoñece incumprimentos dos límites de emisión e pide á Xunta permiso para aumentar a contaminación

ALCOA solicitou á Xunta anovar a AAI (Autorización Ambiental Integrada) das súas fatorías de alúmina e aluminio en San Cibrao. Ao enorme consumo de enerxía e insumos engádense fortes emisións contaminantes que a empresa mesmo quere ampliar.

+info

04/10/2019

Peche de ENDESA: unha empresa que sempre foi ao seu grazas a gobernos miopes e pasivos

A pasividade gobernamental e en concreto a da Xunta coas emisións das térmicas foi sempre manifesta. Tivo que vir a UE e aprobar unha nova lexislación máis ríxida para aminorar algo a contaminación. Un artigo de Ramón Bvarela, ex-presidente de ADEGA

+info

03/10/2019

Nova denuncia na Fiscalía polas obras do camiño de acceso ao paque eólico do Iribio

ADEGA e a SGO piden á Fiscalía que investigue se Fergo Galicia Vento SL e o Alcalde de Samos incorren en delito por permitir o acceso ao cumio da serra por un camiño non autorizado pola Xunta.

+info

01/10/2019

A "emerxencia cinexética" declarada pola Xunta pon en elevado risco a seguridade das persoas

ADEGA considera unha temeridade que a Xunta permita cazar xabaril sen límite de cupo e a diario en 33 concellos

+info

26/09/2019

Estratexia Galega de Economía Circular 2019-2030: moito de estratexia, pouco de circular

A Xunta sacou a exposición pública o pasado agosto a EGEC. O documento parte dunha análise distorsionada da realidade galega e contempla a economía circular máis como outro xeito de crecemento que como unha necesidade para a supervivencia.

+info

24/09/2019

Manifestación "Por un Monte Galego con Futuro", o vindeiro 20 de outubro en Compostela

ADEGA, xunto cunha vintena de organizacións galegas, convocan a unha manifestación "Por un monte galego con Futuro" para o día 20 de outubro, en Santiago de Compostela.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal