ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
20/09/2019

Urximos ao TSXG que pare as obras do parque eólico do Iribio do Courel para evitar danos irrreparrables

ADEGA, en nome de Salvemos O Iribio, presenta recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para frear as obras do parque eólico Serra do Iribio, no Courel, nun espazo natural protexido como Rede Natura.

+info

19/09/2019

Desidia da Xunta ao bloquear os traballos de prevención de lumes até finais de agosto

A Plataforma “Por un monte galego con futuro” , da que fai parte ADEGA, denuncia o incumprimento total de boa parte das medidas contempladas no Plan de Prevención e Defensa contra os In Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

+info

12/09/2019

A Xunta propón unha nova Reserva da Biosfera ao tempo que autoriza proxectos agresivos nese mesmo territorio

ADEGA e a Plat. Salvemos o Iribio vimos de alegar ao proxecto da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel. Apoiamos a proposta mais alertamos da necesidade de afrontar os graves impactos e ameazas sobre este territorio

+info

02/09/2019

A Eira da Xoana, galardoada co premio Gabriel Barreiro Toural

Metátese Teatro e Alentía Teatro concederon á Fundación Eira da Xoana o Premio Gabriel Barreiro Toural, “Garabato”, na súa segunda edición.

+info

27/08/2019

Nace a plataforma Salvemos o Iribio para defender a serra courelá das instalacións eólicas

Entidades ecoloxistas, culturais, veciñais e políticas, e persoas a nivel particular, veñen de constituír a plataforma “Salvemos O Iribio” coa finalidade de defender esta serra das obras dos eólicos a liñas de alta tensión

+info

22/08/2019

A SGO e ADEGA vimos de presentar solicitude de lesividade da LAT do parque eólico Serra do Oribio

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e ADEGA consideramos que a D. X. de Enerxía e Minas infrinxiu o ordenamento xurídico con grave dano para ecosistemas, hábitats naturais e especies de especial conservación

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal