ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Auga e ríos / Novas /

Novas

Formulario de busca
24/03/2017

Augas de Galiza confirma a alta contaminación por metais tóxicos dos efluentes da mina de San Fins

O pasado xaneiro denunciamos novas verteduras ao dominio público dende a mina de San Fins. O expediente aberto por Augas confirma outra volta que algúns metais tóxicos sobardan os límitres legais mesmo 1500m augas abaixo da mina.

+info

24/03/2017

En relación có Dia Mundial dos Bosques: Mesa redonda en Ferrol

Palestra :Os valores dos montes de Brión e do Cha (Ferrol)

Realizada palestra en Ferrol coa participación de José Oreona: Pdte da veciñanza de Brión;Alberto López: Arqueólogo Terra de Trasancos;Jaime Fagúndez:Profesor da UDC;Coordenación: Ernesto Lopes (Adega);Imaxe: M. Anjo Glez (Adega).

+info

22/03/2017

Día da Auga 2017: por qué desbotar as augas residuais?

A ONU elixíu este tema para celebrar o Día Mundial da Auga (22 de marzo) deste ano. Máis do 80% das augas residuais xeradas no mundo volve a verterse ao ecosistema sen ningún tipo de tratamento nin reutilización

+info

10/03/2017

A empresa INCA retira a demanda contra 9 activistas de Lugo de Cara ao Miño e ADEGA

A empresa adxudicataria do proxecto hidroeléctrico da Fábrica da Luz de Lugo, INCA, retira a última hora a demanda por presunta coacción contra varios membros de ADEGA e da plataforma "Lugo de Cara ao Miño".

+info

22/02/2017

Nova denuncia penal contra integrantes de ADEGA e da plataforma Lugo de Cara ao Miño

O administrador único da empresa adxudicataria da concesión hidroeléctrica da Fábrica da Luz, M. García Gesto, volve arremeter contra o movemento Lugo de Cara ao Miño cunha nova denuncia penal por presuntas coaccións.

+info

04/02/2017

Tralas denuncias presentadas por ADEGA, BNG e a AVV de Brión (Ferrol) polo proxecto de botar escombros nos montes de Brión

Paralizado o proxecto de verquido de refugallos da obra ao tren ao porto exterior de Ferrol nos montes de Brión(Ferrol) .

Trala denuncia feita por Adega, BNG e AVV Brión e polo risco de afeccións sobre o patrimonio arqueolóxico e medioambiental, a Autoridad Portuaria de Ferrol desestima a proxecto inicial de botar os refugallos das obras sobre os montes de Brión.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal