ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Auga e ríos / Novas /

Novas

Formulario de busca
17/09/2019

Publícase a segunda edición da revista Living River

A revista Living River é a publicación que dá conta das novidades do desenvolvemento do proxecto europeo co mesmo nome, cofinanciado polo programa Erasmus+, co redactada por ADEGA.

+info

16/08/2019

Actividade-festa organizado por Picos do Sol coa colaboración de Adega e Extinción-Rebellion

Feira solar. Crise Climática. Narón. 2019.

Naron 16.8.2019. Na Praza das Casas de Mariña (Narón). Organizado por Picos do Sol e colaboración de Adega, Extinción-Rebellion , outros colectivos e persoas. Realizada a actividade con cociñas solares, dispositivos eólicos e solares, charlas,..

+info

08/08/2019

Lugo de Cara ao Miño organiza durante este verán andainas semanais para a custodia do río

A iniciativa que vén de pór en marcha a plataforma, aberta á participación de toda a cidadanía, consiste na realización de paseos dunhas dúas horas de duración, unha vez por semana, para comprobar o estado do río ao seu paso pola contorna de Lugo

+info

12/07/2019

ADEGA terá un posto informativo en diferentes festivais da provincia durante este verán

O obxectivo da iniciativa é dar visibilidade á asociación e sumar apoios para afortalar o ecoloxismo galego

O "tour festivaleiro" de ADEGA-Lugo terá a súa primeira parada en Outeiro de Rei este sábado 13 de xullo

+info

10/06/2019

Nova Lei de Pesca Continental: Ríos para a vida ou para o negocio?

A Xunta tramita a nova Lei de Pesca Continental para substituir á norma de 1992. Mais esta actualización non pode ser a excusa para ordenar a pesca só para o deporte ou o turismo, esquecendo a conservación cos ecosistemas acuáticos.

+info

21/05/2019

Proxecto Ríos realizará esta semana 6 saídas formativas nos centros de ensino

O 15 de abril iniciouse a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 31 de maio.

As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal